Calendario de actividades para os próximos meses.
Nesta páxina figuran exclusivamente as datas das actividades a realizar con dous ou tres meses vista.
Aproximadamente un mes antes da realización de cada unha das actividades, estará dispoñible a información completa da mesma na pestana da web "Vindeiras Actividades" Igualmente, enviarásevos a todas as persoas socias información detallada por correo electrónico.
Salvo saídas ou actividades puntuais que polas súas características necesiten unha pre-inscrición, de forma habitual as listas para inscribirse ábrense o xoves da semana anterior á actividade, a partir de 19:30 h., pechándose dita lista o xoves da mesma semana de realización da actividade ás 21:30 h.
Para inscribirnos nas actividades debemos chamar por teléfono á secretaria Tel. 686-986-784, dentro das datas e horarios que acabamos de mencionar. A inscrición efectuarase por orde de recepción de solicitudes.
En Bidueiro realizamos actividades moi variadas segundo os fins da Asociación, polo que hai que informarse axeitadamente sobre cada unha delas antes ou no momento da inscrición, especialmente nas "camiñadas" que ainda que case sempre levan aparelladas actividades ou visitas culturais, medioambientais, etc., non perderán a sua condición de "camiñada" e polo tanto especificaremos claramente que é unha saída para camiñar.
De forma xeral, exceptuando as saídas exclusivamente para camiñar, en calquera actividade; cultural, medioambiental, recreativa, gastronómica, etc., os desplazamentos que poderanse facer a pe sempre serán moi cortos e doados, e nada terán que ver con unha "camiñada". No suposto de que en este tipo de actividades precisasen dispoñer de algunha condición física ou idade determinada informaríase previamente.
En Bidueiro realizamos actividades moi variadas segundo os fins da Asociación, polo que hai que informarse axeitadamente sobre cada unha delas antes ou no momento da inscrición, especialmente nas "camiñadas" que ainda que case sempre levan aparelladas actividades ou visitas culturais, medioambientais, etc., non perderán a sua condición de "camiñada" e polo tanto especificaremos claramente que é unha saída para camiñar.
De forma xeral, exceptuando as saídas exclusivamente para camiñar, en calquera actividade; cultural, medioambiental, recreativa, gastronómica, etc., os desplazamentos que poderanse facer a pe sempre serán moi cortos e doados, e nada terán que ver con unha "camiñada". No suposto de que en este tipo de actividades precisasen dispoñer de algunha condición física ou idade determinada informaríase previamente.
Chamando por teléfono á secretaría poderedes aclarar calquera tipo de dúbida ou ampliar información sobre as actividades. Para calquera otra xestión tamén podedes porvos en contacto coa Asociación a través do correo acbidueiro@gmail.com
Teléfono da secretaria para formalizar inscricións en horario de 19:30 a 21:30 h. de luns a venres.
👉 686-986-784
AVANCE DE ACTIVIDADES
******** A N O 2 0 2 2 ********
NOVAS ACTIVIDADES:
Dadas as limitacións derivadas da covid-19, as actividades iranse incrementado e adaptando ás normativas en vigor en cada momento. Queremos ir amodo e colaborar en conseguir que a situación sanitaria poida mellorar axiña.
X A N E I R O 2022 ******************
Domingo 13
A Costa da Vela (sur)
Camiñada
Camiñada
Cangas do Morrazo (Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares dende Vigo
- Xornada completa (todo o día)
- Dificultade media-baixa
Sábado 29 (pola tarde)👈
Obradoiro de Xabóns e Cosmética Natural
Obradoiro teórico e práctico
Obradoiro teórico e práctico
Vigo (Pontevedra)
- Elaboración de xabón de ortiga: proceso en frío
- Elaboración de xabón de romeu: proceso en quente
- Elaboración dunha crema hidratante
F E B R E I R O 2022 *****************
Sábado 12👈
Roteiro polo Románico de Boborás
Carballiño/Boborás/Pazos de Arenteiro
Camiños con Historia
(O Arenteiro II)
Camiñada👈
Concello de Boborás (Ourense)
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Dificultade media
Domingo 27
Estuario do Miño - A Guarda
Camiñada
(Galicia pola costa)
A Guarda (Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares dende Vigo
- Xornada completa
- Dificultade baixa
M A R Z O 2022 *********************
Sábado 5 (pola tarde)👈
Asemblea Xeral Ordinaria de Soci@s
Vigo (Pontevedra)
- 17:30 h. 1ª Convocatoria
- 18:00 h. 2ª Convocatoria
Domingo 13
En las orillas del Sar
Pazo Faramello, Paseo Rosaliano e Casa Museo de Rosalía de Castro.
Actividade sociocultural
Padrón/Rois (A Coruña)
- Visitas guiadas.
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Levamos a comida de casa
- Actividades e visitas segundo programa
Sábado 26, domingo 27 e luns 28
O Bierzo (I)
P.N. Serra da Enciña da Lastra, As Médulas, Eco-Aldea de Matavenero, Ponferrada, etc.
Camiñadas e actividades culturais paralelas
Ponferrada (León)
- Saída en autobús dende Vigo
- Aloxamento en hotel réximen de media pensión.
- Roteiros de dificultade media
A B R I L 2022 ***********************
Sábado 9(suspendida nesta data)
(Nova data, sábado 4 de xuño)👈
Eliminación de especies exóticas invasoras
(Media xornada, só pola mañá)👈
Actividade de Voluntariado Ambiental
Vigo (Pontevedra)
- Desprazamento en vehículos particulares.
- En colaboración coa CMVMC Teis (Vigo)
Domingo 10 (suspendida por mal tempo)
(Nova data, 15 de maio)👈
Bracara Augusta
Catedral de Braga, Casco Histórico de Braga, Mosteiro de Tibaes.
Actividade cultural
Braga (Portugal)
- Visita guida polo casco histórico de Braga
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Levamos a comida de casa
Domingo 24
Roteiro Costeiro de Muros
Monte Louro, Lira, etc.
Camiñada
Camiñada
Muros (A Coruña)
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Dificultade media-baixa
Sábado 30
Inspección de ríos (campaña de primavera)
Proxecto Ríos
(Media xornada, só pola mañá)👈
Actividade de voluntariado ambiental
Vigo (Pontevedra)
- Inspección e estudo da calidade das augas do río Lagares.
- Valoración da inspección.
- Arquivo de datos para comparativa semestral e anual.
M A I O 2022 ************************
Domingo 15
Bracara Augusta
Catedral de Braga, Casco Histórico de Braga, Mosteiro de Tibaes.
Actividade cultural
Braga (Portugal)
- Visita guida polo casco histórico de Braga
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Levamos a comida de casa
Domingo 22
Camiño Real de San Pedro de Rocas
Camiñada
Camiñada
Esgos (Ourense)
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Dificultade baixa
X U Ñ O 2022 ***********************
Sábado 4 (pola mañá)
Eliminación de especies exóticas invasoras
(Media xornada, só pola mañá)👈
Actividade de Voluntariado Ambiental
Vigo (Pontevedra)
- Desprazamento en vehículos particulares.
- En colaboración coa CMVMC Teis (Vigo)
Domingo 5
Lucus Augusti (Castrexos e Romanos)
Visita Cultural á cidade de Lugo
Actividade Cultural
Lugo (Lugo)
- Saída en autobús dende Vigo
- Xornada completa
- Xantar en Lugo
- Visitas guiadas e libres
Venres 24, sábado 25 e domingo 26
O Paraíso Natural
Camiñadas e actividades socioculturais (Asturias)
- Saída en autobús dende Vigo
- Pernocta en hotel 3*** e almorzos
- Dúas ceas e o xantar do último día en restaurante
- Dúas camiñadas de dificultade media
- Roteiro de "As Xanas" e roteiro de "A Senda Costeira Naviega"
- Actividades socioculturais
X U L L O 2022 **********************
Domingo 3
III Xornadas Gastronómicas e da Alimentación
Actividades varias
Vigo (Pontevedra)
- Actividades varias; obradoiros, catas, visitas, etc.
Domingo 17
Comarca de Ferrol
Actividades culturais
Actividades culturais
Ferrol (A Coruña)
- Saída en autobús dende Vigo
- Visitas na contorna
- Levamos a comida de casa
Domingo 31
Actividade Náutica
(Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares
A G O S T O 2022 ********************
Sen actividade programada
S E T E M B R O 2022 ****************
Domingo 11
Guitiriz
Camiñada
Camiñada
Guitiriz (Lugo)
- Saída en autobús dende Vigo
- Unha camiñada de dificultade media
- Levamos a comida de casa
Domingo 25
Limpeza simultánea de ríos
Limpeza do río Lagares e Estudo Ambiental
Proxecto Ríos
Actividade de voluntariado ambiental
Vigo (Pontevedra)
- Xornada completa ou de medio día
- Levamos a comida de casa
O U T U B R O 2022 ******************
Mércores 12
Celebración do Aniversario da Asociación
Sociocultural
Santiago de Compostela (A Coruña)
Domingo 23
O Río da Montaña Máxica
Camiñada
Cerdedo (Pontevedra)
- Desprazamento en vehículos particulares
- Dificultade media
- Levamos a comida de casa
N O V E M B R O 2022 ***************
Domingo 6
Magosto social
Tui (Pontevedra)
Sábado (pendente confirmar data)
Proxección e Charla
Vigo (Pontevedra)
Domingo 20
Fragas e Levadas dos ríos Calvo e Deva
Camiñada
Camiñada
A Cañiza (Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares o autobús dende Vigo (pendende confirmación)
- Levamos a comida de casa
D E C E M B R O 2022 ***************
Domingo 4
A Pedra do Lobo
Camiñada
Camiñada
Covelo (Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares dende Vigo
- Actividade etnográfica incluida
- Xornada completa
- Dificultade media-baixa
Domingo 18
Xantar de Nadal
Vilaboa (Pontevedra)
- Saída en vehículos particulares dende Vigo
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Calquera destas activiades poderá ser modificada ou cancelada por motivos organizativos, climatolóxicos ou de seguridade, comunicándoo previamente aos inscritos. En casos moi puntuais e polos mesmos motivos, con caracter urxente poderíase suspender a activiade xusto antes de comenzala ou no transcurso da mesma, co obxetivo de garantir o bo desenrrolo da mesma ou a seguridade dos participantes.
Periódicamente actualizaremos este calendario de actividades.
Tentaremos que uns 15 días antes de realizarse cada actividade, ter información detallada sobre a mesma. Para consultar dita información tedes que entrar dentro da web na pestana "Vindeiras Actividades" ou "premendo aquí"
Se queredes consultar otras actividades xa realizadas, podedes acceder a través do menú principal na pestana "Actividades Realizadas" ou "premendo aquí"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: