Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

FAITE SOCIO




Faite Soci@
Seremos amig@s

Por favor, ler ata o final todo o texto desta páxina, para non deixar información atrás e que saibades mellor como coñecernos, participar nas actividades e facerse soci@.

Como facerse soci@
Para formar parte da Asociación Bidueiro, poder colaborar, participar e gozar de todas as nosas actividades, só tes que dicírnoslo, serás ben recibido e formarás parte da gran familia Bidueiro. Se tes algunha dúbida e queres coñecernos mellor, podes acompañarnos nunha actividade en calidade de "convidad@", cumprindo cos requisitos e limitacións segundo acordos da Asociación.

Podes formar parte de Bidueiro aboando unha cota anual moi reducida e con descontos segundo a modalidade de socio escollida. 

Coa túa cota de socio estarás a contribuír ao sostemento da Asociación e por conseguinte, apoiando as súas actividades e proxectos de carácter non lucrativo e de voluntariado, nas cales poderás participar activamente e nas que gozarás xunto connosco.

Cotas sociais anuais (ano 2021)
Socio de número .... 30 € (a partir dos 18 anos)
Socio xuvenil ..........10 € (menores de 18 anos)
Socio Colaborador .. 40 €
Todos os socios dunha mesma unidade familiar teñen desconto nas cotas, Dto. que se incrementa canto máis menbros compoñan a unidade familiar e segundo o seguinte detalle:
U.F. de 2 membros: Dto. 10% 
U.F. de 3 membros: Dto. 20%
U.F. de 4 membros: Dto. 30%
U.F. de 5 membros ou máis: Dto. 40%


Se o alta de socio prodúcese dentro do primeiro semestre do ano, abonarase o 100% do da cota social anual. En caso de producirse o alta de socio dentro do segundo semestre do ano, abonarase soamente o 50% da cota anual, e nos seguintes anos xa o 100%, pasando á cobranza no principio do ano.

Coa condición de Socio da Asocaición Cultural Bidueiro disporás de forma gratuita da cobertura dos seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes en cada unha das actividades nas que participes, prioridade de inscrición, acceso aos fondos da biblioteca, etc.

Documentación e forma de tramitar a solicitude de alta como socio

  • Solicitar unha cita para facer o tramite e achegar a seguinte documentación:
  • Unha fotografía tamaño carné (en caso de unidade familiar, unha fotografía de cada membro)
  • Unha fotocopia do DNI (en caso de unidade familiar, de todos os membros)
  • Unha fotocopia de calquer documento bancario donde figures como titular e donde apareza o  número IBAN da mesma (para o pago das próximas cotas anuais)
  • Cubrir os impreso de solicitude de alta (que vos serán facilitados na Asociación)
  • Pago en efectivo da cota social anual (se se tramita o alta no último semestre do ano será do 50%)
Importante
Para a presentación das solicitudes de alta como socios, ou ampliar información de forma máis extensa e persoal sobre Bidueiro, necesitamos concertar previamente unha cita e atenderémosvos con moito gusto no noso Local Social situado en Vigo, os martes ou xoves de 19:30 a 21:30. 

Coñecer as nosas actividades e participar.
Se queres participar nas nosas actividades e coñecer a nosa Asociación, dámosche a opción de acompañarnos en calquera delas, sempre en condición de "convidad@" e cumprindo cos requisitos para ese efecto según acordos da X.D. Seguidamente, se te atopas a gusto e queres participar nos fins da Asociación, que non dubidamos de que así será, xa soamente terás que tramitar a alta correspondente como socio e formarás parte de Bidueiro.

Para participar nas diferentes actividades que organiza Biduerio, é necesario inscribirse previamente en cada unha delas, dentro dos datas establecidas para ese efecto.

O importe dos gastos por actividade; transporte, entradas, etc. se comunicarán previamente á inscrición na actividade, terá que ser abonado con antelación á realización da mesma mediante ingreso na conta bancaria da Asociación.

De forma xeral, estipulamos como referencia un importe medio de gastos das actividades, un importe que sempre axustamos ao máximo e que dependendo das condicións particulares de cada unha delas pode variar. As actividades máis frecuentes adoitan ter un custo aproximado de 5 euros se os desplazamentos son en vehículos particulares (desprazamentos a marxe da Asociación),  e de 15€ se os desprazamentos son en autobús xestionado sempre pola Asociación, incrementandose estes prezos si a actividade inclue o pago de calquera tipo de entrada; museos, auditorios, centros de interpretación, etc. Nalgúns casos puntuais o custo non se repercutirá aos participantes, asumíndoo directamente a Asociación. 

Sobre o prezo base das actividades aplicarase un desconto do 50% aos menores de 40 anos, asumindo Bidueiro o outro 50% do coste en concepto de axuda a mocidade.

Nos prezos mencionados anteriormente xa está incluido o coste dos seguros de R.C e Accidentes para participantes nas actividades.

Os participantes en cada unha das actividades organizadas por Bidueiro terán que inscribirse inexcusablemente como máximo antes das 21:30 h. do xoves demtro da semana en que se vaia a realizar a mesma. Unha vez cursada a inscripción, está será en firme co compromiso de pago da actividade en calquera circunstancia.

Conta bancaria para os socios
Banco Santander
Asociación Cultural Bidueiro
ES20-0049-5472-41-2616065445
Nos ingresos especificar apelidos e nome do socio, así como o lugar ou nome da actividade.

Se necesitas máis información, non o dubides, ponte en contacto con Bidueiro e informarémosche gustosamente.

☎ 686-986-784
De luns a venres e de 19:30 a 21:30 h.
📧acbidueiro@gmail.com