Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

martes, 25 de abril de 2023

Saída as Fragas do Eume, Pontedeume, Miño, Neda, As Pontes de García Rodríguez e Betanzos.

 

O sábado 29 de abril ata o luns 1 de maio, faremos unha saída de tres días para coñecer as Fragas do Eume, Pontedeume, Miño, Neda, As Pontes de García Rodríguez e Betanzos. Visitaremos lugares de gran interese como o Mosteiro de Caaveiro, a Praia da Magdalena, o encoro do Eume o Parque do Pasatempo e tamén temos preparada unha degustación de queixos, entre outras actividades moi interesantes.

xoves, 20 de abril de 2023

Charla sobre ¨A xeración dos residuos domésticos. ¿Que facer?

 Recordarvos que o próximo 21 de abril, no local de Doutor Cadaval N 17 baixo, terá lugar unha charla sobre ¨A xeración dos residuos domésticos. ¿Que facer? Xestión e Tratamiento¨.

Impartida plo técnico de xestión ambiental e xerente da empresa Faia, Marcelo Rodríguez. Presentado por Chus Lago.

Animádevos a participar