Unha vez que as augas volveron o seu cauce, xa podemos facer a ruta das Pesqueiras, no tramo entre os concellos de Arbo e As Neves, suspendida o pasado 29 de xaneiro. A saída terá lugar o domingo 12 de marzo e xa está aberto o prazo para apuntarse. O punto de encontro será as 8.30 da mañá no lugar habitual da rúa Vázquez Varela, detrás da Cidade da Xustiza. A ruta de 11 kilómetros descorre paralela ao río Miño pola senda que empregan os pescadores para a pesca da lamprea nas pesqueiras, construccións que veremos tanto na beira portuguesa como na galega e serán protagonistas da nosa andaina. A ruta tamén é coñecida como senda dos pescadores e está incluida na Red Natura 2000, rede europea de espazos naturais protexidos.
Somos unha Asociación Cultural, Ambiental e Social sen ánimo de lucro. Os fins de Bidueiro son o estudo, protección, conservación e divulgación da cultura, a natureza e o patrimonio, así como fomentar as relacións sociais e interxeracionais. Somos un lugar de encontro para compartir inquedanzas e experiencias nestes eidos. Desde o altruismo organizamos; obradoiros, saídas culturais, camiñatas culturais e ambientais, voluntariado social e ambiental, xornadas gastronómicas, estudos...
venres, 3 de marzo de 2023
Ruta das Pesqueiras, domingo 12 de marzo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)