Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 12 de decembro de 2022

29 de xaneiro, Ruta das Pesqueiras. Tramo As Neves-Arbo

 O domingo 29 de xaneiro faremos a ruta das Pesqueiras entre As Neves e Arbo. Esta ruta de 11 kilómetros descorre paralela ao río Miño, pola senda que empregan os pescadores para a pesca da lamprea nas pesqueiras, construccións que veremos tanto na beira portuguesa como na galega e serán protagonistas da nosa andaina.


A ruta tamén e coñecida como senda dos pescadores e está incluida na Red Natura 2000, rede europea de espazos naturais protexidos. O desnivel da ruta é pequeno ao seguir o curso do río, pero camiñaremos por unha senda de pescadores, sendo preciso ir pendentes do piso, motivo polo que podemos considerar que a dificultade da senda é media. 


Ademáis das pesqueiras, atoparemos pequenas construccións que serven aos pescadores para gardar as redes, así como miradoiros que nos permitirán desfrutar dunhas fermosas paisaxes sobre o río miño que nestas zonas de baixa encaixado entre grandes rochas. 



As pesqueiras ou pescos son construccións de granito que se sitúan no río e serven para a pesca das lampreas. Podemos atopalas ao longo dos 25 quilómetros nos que o río Miño pasa por Crecente, Arbo e Salvaterra. A forma de pescar as lampreas non variaron neste tramo do río dende a época dos romanos, que levaban a práctica totalidade das capturas que seren servidas nas comidas das clases máis podentes de Roma, razón pola que construiron as pesqueiras. A principios do sécula XX, nestes 25 quilómetros de río había 700 pesqueiras. Hoxe en día perdéronse algunhas. 
Na Idade media, as pesqueiras pasaron aformar parte da propiedade dos mosteiros. Na actualidade, as pesqueiras son propiedade privada e pertencen a familias dos concellos de Crecente, Arbo e Salvaterra. 
Estas construccións de gran interese arquitectónico e etnográfico están formados por varios bloques en paralelo uns aos outros e chamados "poios", entre los que queda un espazo polo uqe discorre o río e onde colócase unha rede con forma cónica chamada "buitirón" na que quedan atrapadas as lampreas.





Sábado 14 de xaneiro, Xornada de voluntariado mediambiental coa comunidade de montes de Teis



A comunidade de montes de Teis é unha entidade moi preocupada pola conservación do seu medio natural. A xunta directiva está moi implicada na recuperación dos espazos forestais e a eliminación de especies invasoras, como as acacias, que son un gran problema nesta comunidade. Todo isto non sería posible sen a axuda de voluntarios. Durante esta xornada colaboraremos co seu traballo de conservación do monte en labores de control de especies invasoras e reforestación. 

15 de Xaneiro, Concello de Oia: Ruta Loureza-Burgueira-Loureza

 


Para o domingo 15 de xaneiro temos preparada unha interesante ruta polos montes do Concello de Oia. Durante os 12,6 kilómetros de andaina, esta ruta amósanos parte do importante patrimonio natural e cultural das parroquias de Loureza e Burgueira.


A ruta é circular e descorre, en gran parte, por pistas de terra polas que se camiña con facilidade, tendo toda a ruta unha dificultade media. 


Comezaremos e remataremos a ruta na parroquia de Loureza. Logo dun pequeno percorrido polas súas rúas, empezaremos o tramo de subida pola marxe do río Tamuxe cara a Burgueira, pasando polas fermosas pozas de Burgalleira, Loureza, e a área de ocio do Pozo do Arco. Estes recursos compoñen un conxunto de cascadas de gran valor paisaxístico. Na metade da ruta iniciaremos o regreso pasando polos núcleos de Burgueira e Refoxos.