Somos unha Asociación Cultural, Ambiental e Social sen ánimo de lucro. Os fins de Bidueiro son o estudo, protección, conservación e divulgación da cultura, a natureza e o patrimonio, así como fomentar as relacións sociais e interxeracionais. Somos un lugar de encontro para compartir inquedanzas e experiencias nestes eidos. Desde o altruismo organizamos; obradoiros, saídas culturais, camiñatas culturais e ambientais, voluntariado social e ambiental, xornadas gastronómicas, estudos...
luns, 28 de novembro de 2022
Para o domingo 4 de decembro temos preparada unha completa actividade no Concello de Covelo. Faremos a camiñada de A Pedra do Lobo, nun percorrido aproximado de 13 kilómetros, de dificultade media, que nos levará por vellos e históricos camiños, montes de piñeiro vermello, muiños restaurados, corredoiras, turbeiras de montaña e formidables vistas panorámicas. Tamén faremos unha visita guiada a Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz. Entre as pezas do museo atópase unha cabeza reducida polos indios xíbaros e recordaremos a vida de Alfonso Graña, "O rei dos Xíbaros".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)