Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 20 de xuño de 2022

III Xornadas de Gastronomía e Alimentación

 III Xornadas 
Gastronomía e Alimentación 

Domingo 3 de xullo 2022

👉Preme aquí e verás fotografías da actividade

Despois de dous anos de parón obrigado por culpa da covid-19, este ano volvemos coas III Xornadas de Gastronomía e Alimentación.

Nesta edición as Xornadas estarán adicadas aos cefalópodos.

Levaremos a cabo as actividades no Baixo Miño e desprazarémonos en vehículos particulares. Nesta ocasión soamente será un día de actividade para ir aos poucos volvendo á normalidade.

Teremos obradoiros gastronómicos onde voluntari@s con moita experiencia ensinarannos a cociñar diferentes receitas que conterán algún cefalópodo como ingrediente principal. Os persoas inscritas nos obradoiros colaborarán na elaboración das diferentes propostas culinarias para ampliar coñecementos teóricos e prácticos.

Inscricións chamando a secretaría Tel. 686-986-784 (19:30 a 21:30 h.) dende o xoves 16 ata o xoves 30 de xuño




Ven gozar con Bidueiro!



Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta