Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 27 de maio de 2022

Terra de Bosques 2022 (III) - Eliminación de Especies Exóticas Invasoras

Terra de Bosques III
 Eliminación de Especies Exóticas Invasoras
Voluntariado Ambiental
Nova data
👇
Sábado 4 de xuño 2022
(pola mañá)
Gustaríache participar nesta Actividade de Voluntariado Ambiental que realizaremos en colaboración coa Comunidade de Montes de Teis (Vigo)? ... Pois veña, animádevos e vaiamos botar unha man xunt@s.
Será unha xornada aberta e de concienciación para todas as persoas que de xeito voluntario desexen axudar na realización de tarefas sinxelas de eliminación de especies exóticas invasoras; acacias, eucaliptos, etc.
Acondicionaremos a parcela escollida para en vindeiras edicións poder facer plantación de árbores frondosas axeitadas coa contorna.
Visitaremos as plantación realizadas nos últimos anos xunto coa C.M.V.M.C. de Teis, comprobando a evolución das mesmas e a gran melloría da contorna a día de hoxe.
Para porlle freo ao eucalipto, acacias e outras invasoras, temos que facer moitas cousas en todos os eidos, pero o camiño faise andando, e nada mellor que coñecer no propio terreo esta problemática.
Saída ás 08:30 en vehículos particulares dende o lugar de costume no centro de Vigo. Se alguén quere desprazarse ata o lugar da actividade directamente sen pasar polo centro de Vigo, que o comunique no momento de inscribirse e informaremos do lugar e hora exacta da actividade.
Levade botas de monte e roupa un pouco vella para poder facer este tipo de tarefas.
Por si queredes cambiarvos despois das labores de campo, levade calzado e roupa de reposto.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 dende o xoves 26 de maio ata o xoves 2 de xuño, en horario de 19:30 a 21:30 h.
Para poder xestionar mellor esta actividade pregamos non demoredes a inscrición.

Implícate e participa!
Ven gozar con Bidueiro!

Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

xoves, 26 de maio de 2022

Lucus Augusti - Lugo Monumental

Lucus Augusti
Visita Sociocultural a cidade de Lugo
Domingo 5 de xuño 2022

Saída en autobús dende o centro de Vigo a primeira hora da mañá.
Visitas culturais a diferentes enclaves históricos, monumentos e centros culturais da cidade de Lugo.
Xantar opcional; podes xantar pola túa conta, levar a comida de casa, ou inscribirte para o xantar de grupo que temos reservado nun económico restaurante. Se optas por inscribirte no xantar de gurpo en restaurante, deberás indicalo no momento de inscribirte na propia actividade.
Custe moi económico e desconto do 50 % para menores de 40 anos segundo acordos Asociación.
Inscricións dende o xoves 26 de maio ata o xoves 2 de xuño na secretaría Tel. 686-986-784

Ven gozar con Bidueiro!

Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

martes, 3 de maio de 2022

Camiño Real de San Pedro de Rocas

Camiño Real de San Pedro de Rocas
(A Ribeira Sacra)
Camiñada

Ven gozar con Bidueiro!

Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

luns, 2 de maio de 2022

Bracara Augusta - Braga (Portugal)

 B R A C A R A    A U G U S T A
Braga (Portugal)
Nova data
👇
Domingo 15 de maio de 2022
Actividade Sociocultural

Desprazamento en autobús con saída dende o centro de Vigo as 09:00 h. (presentarse dez minutos antes no lugar de reunión)
Pola mañá faremos un percorrido guiado pola cidade de Braga.
Visitaremos o exterior e os claustros da Sé Catedral de Braga, (en horario de misa poderemos entrar para admirar o interior), o Palacio Episcopal, a Cámara Municipal de Braga, o Jardin de Santa Bárbara, a Casa das Bananas, a Capela e a Casa dos Coimbras, Iglesia de Santa Cruz, Palacio do Raio, Teatro Circo, Iglesia dos Congregados e Praza da República.
Xantaremos nun lugar axeitado e temos que levar a comida.
Pola tarde visitaremos o impresionante Mosteiro de Tibaes dentro do municipio de Braga, percorrendo as diferentes dependencias deste histórico edificio, para finalizar cun longo paseo polos seus fermosos e grandes xardíns.
Chegaremos a Vigo a última hora da tarde.

Ábrese a lista de inscricións o xoves 5 é pechase o xoves 12 de maio ou no momento de completarse as prazas dispoñibles.
Inscricións na secretaría #bidueiro Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.