Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

mércores, 13 de abril de 2022

O Paraíso Natural 2022

 O Paraíso Natural
Asturias
24, 25 y 26 de junio 2022
Os días 24, 25 e 26 de xuño desprazarémonos ata Asturias, onde realizaremos diferentes actividades de sendeirismo e visitas culturais.

Aparte das actividades culturais, os dous roteiros principais de sendeirismo que realizaremos serán "La Ruta Naviega" e "La Ruta de las Xanas", roteiros diferentes polas súas características pero igual de fermosos e interesantes.

Saída en autobús dende o centro de Vigo o venres 24 a primeira hora da mañá, chegando ao mesmo lugar o domingo 26 a última hora da tarde.

Aloxarémonos nun hotel 3*** con almorzo incluido, ceas do 24 e 25 e tamén o xantar do día 26 en afamados restaurantes.

Para participar nesta saída polo Paraíso Asturiano temos que inscribirnos chamando á secretaría da Asociación en horario de 19:30 a 21:30 horas (Luns a venres) Tel. 686-986-784

O prazo de inscricións será ata o día 2 de maio, polo que non demoredes a reserva para garantir a praza.

Máis información sen compromiso na secretaría.

martes, 12 de abril de 2022

Roteiro do Monte Louro e costa de Muros


Roteiro do Monte Louro e costa de Muros
(Camiños da costa de Galicia)
Domingo 24 de abril 2022
Camiñada
Saída en autobús dende Vigo ás 08:30 h.
Roteiro de dificultade media



domingo, 10 de abril de 2022

Inspección do río Lagares en Vigo (Proxecto Ríos)

 Inspección do río Lagares en Vigo
(Inspección de primavera)
"Proxecto Ríos"
Inspección de Primavera 2022
Sábado 30 de abril pola mañá👈
Actividade de Voluntariado Ambiental que levaremos a cabo o sábado día 30 pola mañá en Vigo e que está incluída dentro da programación anual do Proxecto Ríos, o cal coordina ADEGA en toda Galicia para coñecer o estado dos ríos do país.
Unha actividade aberta, divulgativa e práctica na que podes participar previa inscrición na Asociación chamando ao Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. (ata o xoves 28).
Non é preciso levar botas de auga nin nada en especial, unicamente roupa axeitada a climatoloxía, estaremos na beira do río.
Quedamos ás 10:45 h. do sábado e a duración aproximada será de preto de tres horas. No momento da inscrición (sen custe) indicarásevos a localización exacta do río na contorna de Sárdoma.

En que consiste esta actividade?

Nesta inspección analizarase o estado dun tramo do río Lagares mediante o estudo de diversos parámetros e bioindicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da calidade fisicoquímica (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga), clasificación dos macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de mosquito, ...) que viven no leito do río e son bioindicadores, etc.
Cos datos obtidos nestas inspeccións realizadas polos grupos participantes en diferentes ríos galegos, ADEGA elabora un informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que se publica anualmente.




Proxecto Ríos
Qué é?

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web.

Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan. 

Historia

No ano 1999 a Associació Hábitats inicia o Projecte Ríus en Catalunya. Actualmente máis de 700 grupos forman esta rede de inspección de ríos, desenvolvendo un importante traballo de avaliación e coidado dos ríos catalás. No ano 2004, ADEGA asina un convenio de colaboración coa Associació Habitats para trasladar a iniciativa á Galiza, adaptandoa as características específicas das nosas concas fluviais. Nace así o Proxecto Ríos, xérmolo dunha nova conciencia de respecto polas nosas augas continentais a través do coñecemento e a participación activa e responsábel da cidadanía. 

Fonte: ADEGA

Proxecto Ríos
El proyecto, promovido por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), consiste en la realización de inspecciones del estado de los ríos gallegos por parte de personas o grupos voluntarios a nivel local, con el objetivo final de hacerse responsables de la vigilancia (adopción) del río que pasa por su municipio o localidad. La participación en el Proyecto Ríos, tanto a nivel privado como de diferentes entidades, se concreta en dos inspecciones fluviales anuales, una en primavera y otra en otoño.
Las inspecciones consisten en el análisis de las características biológicas, físico-químicas, hidromorfológicas y patrimoniales de los ecosistemas fluviales, utilizando los materiales proporcionados gratuitamente por el Proyecto Ríos. Con los datos obtenidos se elabora anualmente el Informe sobre el estado de salud de los ríos gallegos.
Los voluntarios participantes cuentan con material específico para el desarrollo de las actividades de inspección fluvial: Fichas de identificación de flora y fauna, Manual básico de inspección de ríos, Reactivos químicos para el análisis de la calidad del agua.
Fonte: MITECO (Ministerio para la Transición Ecológica)

xoves, 7 de abril de 2022

Suspensión de actividades e novas datas

Por mal tempo, suspéndense as actividades previstas para o sábado 9 e domingo 10 de abril. As novas datas para a realización destas dúas actividades, salvo imprevistos de última hora, son as que se indican a continuación.
👇

Sábado 9 de abril: (suspendida por mal tempo)
Terra de Bosques III 
👉Nova data:  sábado 4 de xuño


Domingo 10 de abril: (suspendida por mal tempo)
Bracara Augusta 
(Braga e Mosteiro de Tibaes -Portugal)
👉Nova data: domingo 15 de maio

Dadas as previsión climatolóxicas, consideramos que é o mellor para tod@s.