Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 23 de xaneiro de 2022

Estuario do Miño - A Guarda (Camiñada)

Estuario do Miño
A Guarda
Domingo 27 de febreiro 2022
Camiñada

Camiñada polo Estuario do Miño e contorna do concello de A Guarda. 

A roteiro ten unha distancia aproximada de 14 km. e dificultade media-baixa sen desniveis positivos.

Nesta ocasión os desprazamentos serán en vehículos particulares e por conta de cada participante, pero quen o desexe pode compartir prazas e gastos.

Inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h.

Periodo de inscricións dende o xoves 17 ata o xoves 24 de febreiro.

O horario da secretaría é de 19:30 a 21:30 h. (L.a V.)
Sairemos dende Vigo ás 09:30 h. (presentarse 10 minutos antes).

Como axuda á xuventude, os menores de 40 anos disfrutan dun desconto do 40% sobre o xa reducido coste da actividade.

Temos que levar a comida na mochila, pero o día da actividade e segundo climatoloxía xa concretaremos máis.
.
Consultade sen compromiso calquera dúbida.
Ven gozar con Bidueiro!



Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: