En las orillas del Sar
Domingo 13 de marzo de 2022
Casa Museo de Rosalía de Castro
Paseo Rosaliano
Pazo do Faramello
Actividade sociocultural
Padrón / Rois
(A Coruña)
Saída en autobús dende o centro de Vigo ás 08:30 h
Percorrido guiado e explicativo polo Paseo Rosaliano, Casa Museo de Rosalía de Castro e polo histórico e fermoso Pazo do Faramello e xardíns.
Esta actividade será de xornada completa, mañá e tarde, chegando o autobús a Vigo a última hora da tarde.
Inscricions na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h., dende o xoves 3 de marzo ata o xoves 10 de marzo.
Actividade moi completa e con moita historia.
No transcurso da visita ao Pazo teremos unha desgustación de viño
Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪
*****
Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: