Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 2 de xaneiro de 2022

Obradoiro de Xabóns e Cosmética Natural

 Obradoiro de Xabóns Artesanais 
e
 Cosmética Natural
Sábado 29 de xaneiro
👉(pola tarde)

Bidueiro ofrecevos a oportunidade de participar nun interesante obradoiro para aprender a elaborar os teus propios xabóns artesanais e cosmética natural.
O cursiño terá lugar en Vigo o sábado 29 en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O orzamento desta actividade inclúe docencia e material. Cada participante levará unha mostra do produto que se faga.
Cada participante ten que traer envases para levarse dous xabóns: envase de plástico con tapa (tipo crema de untar) ou de silicona (para facer madalenas) e un envase para levar a crema hidratante (calquer envase de crema, traelo desinfectado, si é de cristal darlle un baño maría).
Prazo de inscricións desde o xoves 20 ata o xoves 27 de xaneiro.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 
Máis información na secretaría da Asociación.

Ven gozar con Bidueiro!



Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades segundo acordos da X.D.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: