Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 27 de xaneiro de 2022

El Bierzo (I)

El Bierzo (I)
Días, 26, 27 e 28 de marzo de 2022
Camiñadas culturais e ambientais
Desprazamentos en autobús.
O sábado 26 sairemos dende o centro de Vigo ás 08:30 h. (presentarse 10 minutos antes)
Aloxamento en hotel de tres estrelas con réxime de media pensión e segundo orde de inscricións.
As ceas serán en recoñecido restaurante.
Visitaremos a Ecoaldea de Matavenero para coñecer mellor a súa historia e principios do movemento alternativo Rainbow Family.
Faranse duas camiñadas; unha de dificultade media-baixa e outra de dificultade media. (consultade na secretaría outras posibilidades)
Visitaremos e coñeceremos un pouco mellor lugares tan interesantes como: As Médulas, P.N. Enciña da Lastra, Ecoaldea de Matavenero, Ponferrada, San Facundo, etc.
Peridodos de inscrición: 
"Lista Previa" do 31 de xaneiro ata o 14 de febreiro (inclusives).
"Lista Definitiva" do 15 ao 22 de febreiro (inclusives)
Para participar en calquera camiñada coa Asociación Bidueiro é preciso non ter impedimento físico o prescrición médica previa que desaconselle este tipo de camiñadas.
Máis información e inscricións chamando a secretaría da Asociación, teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Ven gozar con Bidueiro!



Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: