Roteiro polo románico de Boborás
Camiños con Historia
O Arenteiro (II)
👉Sábado 12 de Febreiro de 2022
Camiñada
O sábado 12 de febreiro faremos unha interesante camiñada polo románico do concello de Boborás.
O autobús sairá ás 08:30 h. do centro de Vigo (presentarse 10 minutos no lugar de reunión)
O lonxitude total do roteiro será de aproximadamente 18 km. e dificultade media.
Se por algún motivo no poideses facer toda a camiñada, existe a posibilidade de facer un tramo máis corto de preto de 10 km. e dificultade media-baixa (Consultar na secretaría)
Temos que levar roupa e calzado acorde coa climatoloxía da zona. Nesta ocasión recomendamos levar botas para camiñar polo monte (trekking) e roupa de abrigo.
A camiñada durará toda a xornada, polo que faremos múltiples paradas durante todo o percorrido.
Nesta ocasión imos coñecer as igresas de orixe románica de San Xulián de Astureses, Santa María de Xuvencos, San Martiño de Camixa e San Salvador de Pazos de Arenteiro, así como o fermosa aldea de Pazos de Arenteiro declarada Conjunto Histórico Artístico.
Inscricións dende o xoves 3 ata o xoves 10 de febreiro chamando a secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
Esta actividade realizarase ao longo de todo un día a ritmo paseniño pero constante, facendo múltiples paradas para descansar, facer fotografías, visitas, xantar, etc., aínda así, desaconsellamos a súa realización por parte de calquera persoa que poida presentar un impedimento físico ou prescrición médica previa que desaconselle este tipo de camiñadas.
Consultade calquera tipo de dúbida, é o mellor para tod@s. |
Ven gozar con Bidueiro!
Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi axustados e económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪
*****
Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: