O domingo 29 de xaneiro faremos a ruta das Pesqueiras entre As Neves e Arbo. Esta ruta de 11 kilómetros descorre paralela ao río Miño, pola senda que empregan os pescadores para a pesca da lamprea nas pesqueiras, construccións que veremos tanto na beira portuguesa como na galega e serán protagonistas da nosa andaina.
A ruta tamén e coñecida como senda dos pescadores e está incluida na Red Natura 2000, rede europea de espazos naturais protexidos. O desnivel da ruta é pequeno ao seguir o curso do río, pero camiñaremos por unha senda de pescadores, sendo preciso ir pendentes do piso, motivo polo que podemos considerar que a dificultade da senda é media.
As pesqueiras ou pescos son construccións de granito que se sitúan no río e serven para a pesca das lampreas. Podemos atopalas ao longo dos 25 quilómetros nos que o río Miño pasa por Crecente, Arbo e Salvaterra. A forma de pescar as lampreas non variaron neste tramo do río dende a época dos romanos, que levaban a práctica totalidade das capturas que seren servidas nas comidas das clases máis podentes de Roma, razón pola que construiron as pesqueiras. A principios do sécula XX, nestes 25 quilómetros de río había 700 pesqueiras. Hoxe en día perdéronse algunhas.