Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 28 de novembro de 2021

Roteiro dos ríos Caselas e Landres

Roteiro dos ríos Caselas e Landres
Salceda de Caselas
Domingo 12 de decembro 2021
Camiñada
Nesta ocasión imos facer unha camiñada na contorna do concello de Salceda de Caselas. Con preto de 14 km. de percorrido e con moi pouco desnivel na gran maioría do camiño, este roteiro presenta unha dificultade en xeral baixa.
Para achegarnos ata o lugar de inicio do roteiro farémolo en vehículos particulares. Podedes compartir prazas nos coches saíndo dende Vigo ou chegar pola vosa conta, sempre previa inscrición.
Sairemos de Vigo ás 09:00 h. (presentarse 10 minutos antes)
Como sempre, compartiremos máis información a través dos correos electrónicos.
Máis información e inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 (de 19:30 a 21:30 h.)
A lista de inscricións xa está aberta e pecharase o xoves día 9 de decembro.
Como axuda á xuventude, todas as persoas menores de 40 anos teñen un desconto do 50% sobre o xa reducido prezo das actividades.

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: