Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Somos unha Asociación Cultural, Ambiental e Social sen ánimo de lucro. Os fins de Bidueiro son o estudo, protección, conservación e divulgación da cultura, a natureza e o patrimonio, así como fomentar as relacións sociais e interxeracionais. Somos un lugar de encontro para compartir inquedanzas e experiencias nestes eidos. Desde o altruismo organizamos; obradoiros, saídas culturais, camiñatas culturais e ambientais, voluntariado social e ambiental, xornadas gastronómicas, estudos...
domingo, 28 de novembro de 2021
Roteiro dos ríos Caselas e Landres
luns, 15 de novembro de 2021
O Camiño dos Pazos (Territorio Deza III)
![]() |
Fotografía: Pazo Bendoiro |
O sábado 27 de novembro imos gozar cunha relaxante camiñada na contorna do concello de Lalín.
Faremos un roteiro de aproximadamente 17 km. de percorrido e cunha dificultade media-baixa.
Se ben o roteiro non ten maior dificultade que a de camiñar os 17 km. ao longo da xornada e case sen desniveis, se alguén quere facer algún tramo máis corto e doado que se informe na secretaría de esta opción.Desprazarémonos en autobús dende Vigo.
Sairemos as 08:30 h. dende o lugar habitual en Vigo ( hay que presentarse 10 minutos antes).

Hai que levar calzado e roupa axeitada para camiñar por carreiros no monte e, segundo climatoloxía, roupa de abrigo, chubasqueiro, etc.
Nesta ocasión é preciso levar calzado de reposto para cambiarse ao rematar a camiñada. O calzado e roupa de reposto queda no bus ata que faga falta.
Aproveitaremos para facer algunhas visitas culturais na contorna, ben no transcurso da camiñada ou ao rematar; pazos, exposicións, etc.
Inscricións e máis información na secretaría Tel. 686-986-784 desde o xoves 18 ata o xoves 25 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Lembrade que ata os 40 anos aplicase un desconto do 50% nas actividades.
*****
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
mércores, 3 de novembro de 2021
Magosto 2021 con Bidueiro
Magosto social no monte Aloia (Tui)
Saída ás 10:00 da mañá dende Vigo en vehículos particulares.
Inscricións na secretaría desde o xoves 4 ata o xoves 11 de novembro Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Aforo limitado.
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"