Aniversario 2021
Domingo 24 de outubro
Este ano celebraremos o Aniversario da Asociación con actividades en diferentes barrios de Vigo.
Reunirémonos as 11:00 h. nun punto moi céntrico da cidade para, a través dunha visita guiada, coñecer a historia e arquitectura dos edificios máis representativos de Vigo.
Rematada a ruta guiada polo centro da cidade desprazarémonos ata o local sociocultural onde xantaremos e levaremos a cabo o resto de actos da festa aniversario.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 dende o xoves día 14 ata o mércores 20 (horario 19:30 a 21:30 h.)
Para chegar ao punto de encontro, podedes facelo a pé, en bus urbán ou en vehículos particulares, xa que é bastante céntrico. Para acercarse ata o local sociocultural onde xantaremos e faremos a festa pola tarde podedes facelo en bus urbano ou vehículos particulares, dado que está na contorna do Calvario/Avda. Aeroporto.
Se alguén non pode participar toda a xornada e soamente pode estar no xantar e actos da tarde que o indique ao inscribirse.
Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro