Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 23 de setembro de 2021

A Serra da Groba

A Serra da Groba
Domingo 10 de outubro de 2021
 Camiñada

👉Preme aquí e verás fotografías da actividade

Saída en autobús desde Vigo

Hora de saída 09:00 (presentarse dez minutos antes no lugar de reunión)

Actividade ao longo de toda a xornada do domingo 10 de outubro na cal faremos unha fermosa camiñada pola serra da Groba no concello de Baiona.

Ruta de dificultade media-baixa con desnivel negativo e un percorrido aproximado de 16 km. Desde o máis alto da serra iremos camiñando paseniñamente ata chegar ao mar, sempre gozando de fermosas vistas e moi preto do gando que vive en liberdade como e o caso dos garranos.

Temos que levar da casa a comida para xantar, o que faremos no transcurso da camiñada.

Para participar hai que estar afeitos a camiñar distancias similares e non padecer impedimento físico previo que desaconselle a súa realización.

Máis información no correo electrónico acbidueiro@gmail.com ou no teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.

Inscricións dende o xoves 30 de setembro ata o xoves 7 de outubro na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.


Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: