🌳🌳 Parque Natural de Redes🌳🌳
Asturias
Días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro
Aloxarémonos en réximen de media pensión na contorna do Parque Natural, haberá que compartir cuartos segundo aforos e persoas inscritas.
Ao longo das tres xornadas faremos duas fermosas camiñadas así como actividades culturais e ambientais paralelas.
Xa enviamos por correo electrónico o detalle con toda a información sobre esta actividade, ainda así se necesitades aclarar calquera tipo de dúbida podedes chamar a secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
*****
Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro
*****
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: