Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 12 de setembro de 2021

Limpeza simultánea de ríos 2021 - Proxecto Ríos

 Limpeza Simultánea de Ríos 2021
"Proxecto Ríos"
Domingo 26 de setembro
Limpeza do río Lagares 
(Vigo)


Bidueiro coordina en Vigo a limpeza dun tramo do río Lagares.


Xornada de Voluntariado Ambiental

Actividade aberta previa inscrición

Imprescindible inscrición na secretaría de Bidueiro Tel. 686-986-784 dende o xoves 16 ata o xoves 23 de setembro.

O domingo 26 de setembro #Bidueiro coordinará en #Vigo unha xornada de limpeza nun pequeno tramo do río Lagares, actividade incluida no calendario anual da Asociación e na "XIV Limpeza Simultánea de Ríos". Esta xornada de voluntariado ambiental está promovida en Galicia polo "Proxecto Ríos" e conta coa colaboración de Augas de Galicia.

Para participar nesta actividade de Voluntariado Ambiental en Vigo hai que inscribirse previamente na secretaría da Asociación, chamando ao número de teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

O prazo de inscricións ábrese o xoves 16 e péchase o xoves 23 de setembro ou antes no caso de completarse o número máximo de prazas.

Esta é unha actividade aberta e gratuita na que as persoas participantes farano en condición de VOLUNTARIAS.

A limpeza será de mañá nun tramo do río Lagares en Vigo, polo que podedes desplazarvos a pé, en autobús ou en vehículos particulares. A hora de comezo será ás 10:30 h. (presentarse 10 minutos antes) e rematará as 14:00 h.

Se ben non fará falta que todos os participantes teñan que meterse na auga, unha boa parte deles si, por iso, o calzado máis axeitado serán botas de auga (katiuskas), pero tampouco son imprescindibles, podense levar outro tipo de botas xa para facer labores polas beiras.

O que aconsellamos e que levedes luvas de goma (guantes de fregar) e si é posible botas de auga (katiuskas).

O horario da actividade será de 10:30 a 14:00 h., unha veza finalizada esta quen o desexe pode quedar ao xantar en grupo traendo a comida da casa. 

"O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraidos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á ciudadanía que as pequenas accións valen moito."
Proxecto Ríos

Se estás interesad@ en participar ponte en contacto non nós:

Asociación Bidueiro (Vigo) ... Tel. 686-986-784 (de 19:30 a 21:30 h.)

Organiza:
Proxecto Ríos

Promove:

Coordinadores en Vigo:




Forman parte da Rede Ibérica do Proxecto Ríos:
  • Associació Hábitats, en Catalunya, dende o ano 1997
  • Asociación ADEGA, en Galicia, dende o 2004
  • Fundación Limme, en Comunitat Valenciana, dende o 2005
  • Centro de Investigación del Medio Ambiente (CIMA), en Cantabria, dende o 2006
  • Territorios Vivos, en Madrid, dende o ano 2006
  • Associaçáo Aspea, en Portugal, dende o 2007

Traballamos en rede

Unha das características do Proxecto Ríos é a súa implicación na creación ou participación en redes, nomeadamente de entidades de voluntariado ambiental.

O Proxecto Ríos foi unha das entidades impulsoras da Rede Ibérica do Proxecto Ríos, agrupación que ten entre as súas funcións o intercambio de metodoloxías, o intercambio de coñecementos e experiencias dos voluntarios e as voluntarias, apoio técnico para o desenvolvemento de novas inicitivas, así como o deseño de actividades conxuntas e a coordinación de diferentes iniciativas de custodia fluvial.

Cada entidade, traballando dende os respectivos territorios, suma a súa experiencia e esforzos para a conservación dos ríos.

A participación no Seminario de Voluntariado en Ríos do CENEAM axudounos a coñercer cal é a realidade dos diferentes programas que unen ríos e persoas no resto dos territorios do estado e aportar a nosa experiencia, así como aprender doutras entidades que perseguen unha finalidade similar.
Implícate e participa!!

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: