Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 12 de agosto de 2021

Verán Azul con Bidueiro

Verán Azul con Bidueiro

Domingo 29 de agosto 2021

 Curta camiñada cun percorrio aproximado de 9 km., xantar na praia fluvial e tarde de lecer.
Nesta ocasión, se non queres ou non podes camiñar, ven gozar igualmente dunha xornada de lecer no río coa mellor compañía.

Desprazamentos en vehículos particulares.
Saída dende Vigo as 09:30 h. (se non queres camiñar consulta opcións para o desprazamento máis tarde, aínda que xa hai compañeiras que van saír igualmente ás 09:30 h. e farán un paseo todavía máis doado)

A comida levámola da casa.
Para facer a camiñada e necesario levar calzado axeitado para camiñar por carreiros de pescadores.

Ábrese a lista de inscrición o xoves 19 e péchase o xoves 26 de agosto.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.


As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: