Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 2 de xullo de 2021

Terra de Soneira (I) - (Costa da Morte)

 Terra de Soneira
Costa da Morte

Domingo 1 de agosto
Actividade Sociocultural

Actividade sociocultural con saída en autobús dende Vigo.
Visitaremos e coñeceremos os mellores referentes do patrimonio cultural, natural e etnográfico da Terra de Soneira.
Ao longo de todo o día iremos desprazándonos no autobús ata os lugares a visitar, a maioría nos concellos de Vimianzo, Cabanas de Bergantiño e Muxía.
De forma excepcional, nesta ocasión debido ás restriccións pola covid-19, para poder tramitar as reservas en tempo e forma o periodo de inscricións será dende o luns 19 ata o martes 27 de xullo inclusive.
Inscricións e máis información na secretaría Tel. 686-986-784 no horario de 19:30 a 21:30 e de luns a venres.



Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: