A Ribeira Sacra do Miño (I)
Domingo 12 de setembro de 2021
Nesta xornada imos coñecer un pouco do patrimonio da Ribeira Sacra do Miño, visitando diferentes monumentos de interese cultural e fomentando a concienciación en favor da súa conservación.
Tamén aproveitaremos para facer un cruceiro en catamarán polo río Miño.
Sairemos dende Vigo en autobús ás 08:30 horas da mañá, levando con nós a comida para xantar, regresando cara Vigo á última hora da tarde.
Ábrese a lista de inscricións o xoves 9 e péchase o xoves 16 de setembro. As inscricións coma sempre son a través do teléfono da secretaría 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas, de luns a venres.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: