Vexo Vigo, vexo Cangas, tamén vexo Redondela
Ruta da Auga e do Mar de Redondela
+
Noite de Furancho
Redondela
Sábado 17 de Xullo de 2021
Camiñada e Noite de Furancho
Actividade que dará comezo as 15:30 horas cunha doada camiñada pola "Ruta da Auga e do Mar de Redondela" cun percorrido aproximado de 15 km.
Rematada a camiñada cearemos xuntos nun Furancho da contorna.
Nesta ocasión os desplazamentos serán en vehículos particulares e 👉 o lugar de concentración NON será o habitual.👈 Consultade esta circunstancia ao inscribirvos.
Camiñada de dificultade media-baixa na que teremos fermosas vistas da ría de Vigo, en especial desde o mirador do "mellor banco do mundo", pero tamén da illa de San Simón e da ensenada de Rande, achegándonos ata a beira do mar, coñecendo a historia e patrimonio industrial da vila dos acuedutos e visitando a fervenza da feixa.
A última hora da tarde, unha vez rematada a camiñada, aproveitaremos para cear nun fermoso furancho da contorna.
Ábrese a lista de inscricións o xoves 8 e péchase o xoves 15 ou antes no caso de esgotarse as prazas dispoñibles.
Inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. e de luns a venres.
Calquera tipo de dúbida podedes aclarala sen compromiso.
Se ben a primeira hora hora da tarde podemos ter temperaturas máis elevadas, para cear e recomendable que levedes roupa de reposto para cambiarvos e tamén algunha prenda de abrigo.Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.
As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".
Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: