Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 10 de xuño de 2021

Patrimonio e Natureza de Mondariz

Como proba piloto e para ir adaptándonos pouco a pouco a nova situación sanitaria, claramente mellorada, o domingo 20 de xuño faremos unha actividade ao aire libre. Como xa sabedes, por agora favoreceremos as actividades ao aire libre e con desprazamento en vehículos particulares, circunstancia que iremos mudando segundo evolución da situación sanitaria, claramente mellorada a día de hoxe, e tamén segundo a vosa resposta ás actividades nesta nova etapa que agardamos sexa a definitiva desescalada, deixando atrás dunha vez por todas o pesadelo da pandemia.
Ben, como xa dixemos, a actividade será o domingo día 20 de xuño e o plan é o seguinte:
Sairemos as 09:00 h. en vehículos particulares dende Vigo.(presentarse 10 minutos antes no lugar da saída).
Faremos unha camiñada polas beiras do río Tea dentro dos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario, coñeceremos o seu patrimonio arquitectónico, cultural e natural, visitaremos varias praias fluviais, os manantiales das famosas augas de Troncoso e A Gándara, Balnearios, Edificios Emblemáticos, Mercados Populares, Pontes e Poldras do Tea, etc.

É imprescindible a inscrición na secretaría da Asociación chamando ao teléfono 686-986-784 (horario de 19:30 a 21:30 h) Dende o xoves da semana anterior á actividade ata o xoves da propia semana da actividade.
A distancia a percorrer durante a camiñada será entorno aos 14 km. e cunha dificultade media-baixa.
O percorrido farase ao longo de toda a xornada e no mesmo haberá múltiples paradas para coñecer os diferentes puntos de interese, bañarse quen a sí o desexe, xantar, etc.
Hai que levar a comida e a bebida na mochila, calzado axeitado para camiñar por carreiros.
Quen o desexe que leve bañador porque teremos a posibilidad de bañarnos no Tea.
Visitaremos o mercadillo de Mondariz antes de xantar, polo que si queredes mercar algo para picar e unha boa ocasión para facelo porque hai un pouco de todo.
Os participantes debemos respetar as medidas sanitarias en vigor e por agora seguir a utilizar máscara.
Non esquezades chamar ao 686-986-784 para reservar billete no tranvía a Mondariz.

Importante e a ter en conta en calquera camiñada de Bidueiro:
As saídas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.

Para as camiñadas debemos de estar mínimamente afeitos a percorridos similares e que nos guste facelo en contornas naturais, polo que case calquera pode participar. O mellor e informarse polo miudo de antemán na Asociacición. 

Maioritariamente nosas camiñadas son de dificultade Media-Baixa, nalgún caso de dificultade Media e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, tentamos non facer rutas de máis de 18 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.

Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.

Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as camiñadas. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.

Ven gozar con Bidueiro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: