Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

sábado, 30 de xaneiro de 2021

O Carbayón, símbolo caído de Oviedo

O CARBAYÓN, SÍMBOLO CAÍDO DE OVIEDO / UVIÉU

"Este enorme carbayu ou carballo foi derrubado o 2 de outubro de 1879 despois dunha gran polémica na cidade, que chegou ata o pleno municipal, no que se acordou esta medida con catorce votos a favor e nove en contra. As razóns que se deron para tallalo foron que estaba enfermo e que era un estorbo para o novo trazado da rúa que tiña que unir o centro da cidade coa nova estación de FF CC do Norte. A árbore tiña unha altura de 30 m e un círculo de copa de 38 m; o tronco alcanzaba os doce metros de circunferencia. Segundo os entendidos que o viron tombado no chan tería uns cinco séculos. Moitos veciños recolleron anacos de madeira para gardar como reliquias, e en moitas casas colgáronse gravados e fotografías coa súa imaxe. Tres días despois sairá á rúa o diario «O Carbayón», que se editará ata 1936, e aos ovetenses comezaráselles a chamar «carbayones». Nas imaxes, aparecen dúas fotografías orixinais do Carbayón. A primeira fíxoa Jean Laurent en 1862 e foi doada ao MPA por Carlos Teixidor, de Madrid. A segunda é de Fernando do Fresno e foi feita en 1879, poucos días antes de que se tallase a árbore."

Fotografía 1: Jean Lurent (ano 1862)
Fotografía 2 (ano 1879): Fernando do Fresno



Fonte orixinal: Muséu del Pueblo d´Asturies

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: