Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 31 de decembro de 2021

xoves, 16 de decembro de 2021

Actividades 2022

 Actividades ano 2022

Ola amig@s.

Nestas datas estamos inmersos na preparación dunha morea de actividades para o vindeiro ano, todas moi interesantes e nas que seguro imos aprender e coñecer moitas cousas xunt@s.
Na medida das nosas posibilidades seguiremos contribuíndo á divulgación e conservación da cultura e natureza de xeito totalmente altruista.
Para mantervos informados de todas as novas e actividades da Asociación aconsellámosvos que consultedes periodicamente a nosa web www.asociacionculturalbidueiro.blogspot.com
Se precisades ampliar calquera tipo de información, atenderémosvos no correo electrónico acbidueiro@gmail.com e na secretaría Tel. 686-986-784 (19:30 a 21:30 h.)

luns, 13 de decembro de 2021

Xantar de Nadal 2021

 Xantar de Nadal 2021

Domingo 19 de Decembro
👉C A N C E L A D O👈
Ante o incremento nas últimas datas da incidencia da covid-19 na comarca de Vigo, como medida preventiva para garantir a saúde de tod@s, vimos de tomar a decisión de cancelar o Xantar de Nadal deste ano. 
Agardamos a vosa comprensión.
A Xunta Directiva.

Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 (19:30 a 21:30 h.)
Para achegarnos ata o lugar de celebración xuntarémonos ás 11:30 en Vigo.
Para participar haberá que presentar certificado de vacinación covid-19, gardar todas as medidas sanitarias en vigor e respetar condicións de aforos.
*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

mércores, 1 de decembro de 2021

Na defensa das montañas. Coordinadora Eólica Así Non. Mobilización 11 de decembro 2021

 Coordinadora
Eólica Así Non!
Mobilización 11 de decembro de 2021
Día Mundial das Montañas

*****
“EÓLICA ASÍ NON” CONVOCA UNHA NOVA GRAN MOBILIZACIÓN
PARA O 11D, DÍA DAS MONTAÑAS, POR UNHA MORATORIA EÓLICA
REAL EFECTIVA

Santiago de Compostela, a 26 de novembro de 2021.- Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que discorrerá baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así
Non”.

As montañas, as máis prexudicadas pola actual vaga eólica 
As montañas galegas son as principais vítimas desta aloucada e caótica vaga eólica que estamos a vivir ao constituír os lugares preferentes polas promotaoras para colocar os seus megaproxectos eólicos, despoxándoas practicamente de todos os seus valores e funcións de carácter ambiental, paisaxístico, cultural e socioeconómico para pasaren a ser meros polígonos industriais ao servizo exclusivo do oligopolio eléctrico. 

Os máis de 300 proxectos de enerxía eólica que se atopan actualmente en tramitación no país, xunto coas súas liñas de evacuación e outras infraestruturas asociadas, que se suman aos 186 proxectos xa en funcionamento, terían un impacto singular e irreparable no conxunto de montañas, picos, petoutos, cumios, cordilleiras, serras, macizos, montes e outros tipos de elevacións naturais nos que se prevén implantar, incluso, poñendo en risco a
supervivencia do rural galego e o equilibrio ecolóxico do país.

A rede de montañas galega abastece a meirande parte da demanda de auga e alimentos do país e está conformada por verdadeiros santuarios de biodiversidade, que aínda preservan endemismos e hábitats de especial interese para a súa conservación na loita contra o quecemento global, como poden ser as brañas, lagoas, bosques húmidos, turbeiras.... Tamén son o refuxio de especies de flora e fauna singulares, dos grandes mamíferos ameazados ou en perigo de extinción, de aves, morcegos e outras especies que son garante do equilibro ecolóxico de Galiza. As montañas tamén representan as nascentes dos ríos e regos dos que nos abastecemos de auga, ofrecendo o 80% dos recursos hídricos que consumimos,e proporcionando outros múltiples e variados servizos ecosistémicos como o control da erosión do solo, a regulación atmosférica, a paisaxe, reservorio do noso patrimonio cultural, etc. Polo tanto, a actual vaga eólica estaría poñendo nun risco extremo a preservación duns ecosistemas, os de montaña, que son fundamentais para a vida.

Na Galiza, caracterizada por unha grande dispersión poboacional e unha forte identidade rural, as montañas son tamén fogar e medio de vida dunha boa parte da poboación galega, a miúdo esquecida e especialmente indefensa ante o asoballamento das empresas especuladoras da enerxía que ademais contan coa conivencia das administracións públicas. 

Por unha moratoria inmediata e real fronte a falsa moratoria do PP

Desde o primeiro chamamento social masivo que se fixo en Galiza por unha moratoria eólica, que se evidenciou na marcha reivindicativa do pasado 5 de xuño en Santiago de Compostela, nin a Administración galega nin a estatal fixeron nada para frear esta vaga incesante de proxectos eólicos en tramitación, contribuíndo coa súa indiferencia a favorecer aínda máis unha ameaza sen precedentes contra o noso territorio. Hoxe en día, xa son máis 300 os megaproxectos eólicos que están en tramitación, e que en total proxectan 10.000MW de potencia, o que equivalería ao 43% do obxectivo en potencia eólica para o 2030 en todo o Estado español. Lembramos ademais, que Galiza exporta máis do 30% da electricidade que produce.

Por tanto, o vindeiro 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica Así Non” retomará as reclamas, máis vixentes que nunca, xa expresadas o pasado 5 de xuño na Praza do Obradoiro de Compostela a través do manifesto “Eólica Así Non”. Volveremos facer fincapé
na necesidade cada vez máis urxente de paralizar todos os proxectos eólicos que están en tramitación, tanto na Xunta como no Estado, ata que non se derroguen o desfasado Plan Sectorial Eólico de Galiza e as “Leis de depredación” (Lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais e Lei de simplificación administrativa), e se deseñe, de forma participada, outra planificación eólica máis xusta coa sociedade galega, o noso rural e a contorna ambiental. Doutro xeito, estamos deixando en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio.

Ao tempo, queremos deixar claro que a mal chamada “moratoria eólica” anunciada polo goberno de Alberto Núñez Feijóo non dá resposta a ningunha das nosas reclamas. Pola contra, promove a confusión na opinión pública e pretende desmobilizar a sociedade crítica coa actual invasión eólica. Desde “Eólica Así Non” denunciamos a falsidade e inefectividade desta medida anunciada polo goberno galego por canto só afectaría aos proxectos que inicien a súa tramitación no ano 2022 (e con excepcións), pero non tería eficacia sobre ningún dos máis de 300 proxectos eólicos que xa están en tramitación. Ademais, do mesmo xeito que aconteceu coa moratoria do eucalipto, a falsa moratoria eólica do PP podería estar provocando un efecto chamada, e animando as promotoras a iniciar a tramitación dun maior número de proxectos antes de que remate o ano.

Lembramos que os colectivos e entidades que conforman “Eólica, Así Non” estamos a favor
das enerxías renovables, necesarias para afrontar o reto climático, pero rexeitamos de raíz o actual modelo enerxético e a forma na que se está a concibir a implantación da enerxía  eólica. Por iso, alén dunha moratoria real e eficaz dos proxectos en tramitación, apelamos tamén ao deseño dun modelo enerxético alternativo que se fundamente na soberanía enerxética, no fomento do aforro e da eficiencia enerxética, no autoconsumo e na xestión pública do recurso ao servizo da sociedade galega. 

11D: Mobilización descentralizada por comarcas ou zonas de afectación

O vindeiro 11 de decembro, Día das Montañas, a coordinadora “Eólica Así Non” promoverá unha mobilización descentralizada por áreas xeográficas especialmente afectadas pola actual vaga eólica, desta volta, co obxectivo de dar especial visibilidade ás plataformas e colectivos da veciñanza que viven nos territorios máis directamente afectados por esta enxurrada incesante de proxectos eólicos. Así pois, realizaranse concentracións como mínimo en 22 enclaves repartidos nas catro provincias galegas, situados nas seguintes localidades: Bembibre-Val do Dubra, Carral, Coristanco, Ferrol, Mazaricos (provincia A Coruña); Antas de Ulla, Becerreá, Chantada, O Courel, Foz, Lugo, Meira, Vilalba (provincia de Lugo); A Lama, Bueu, Cerdedo, Gondomar, Marín, Pontevedra, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra); Castro Caldelas e Laza (provincia de Ourense).

A meirande parte dos actos de mobilización terán formato de concentración reivindicativa na que se lerá o manifesto “Eólica Así Non”, e nalgúns casos, como o de Bembibre, Cerdedo, A Lama, Mazaricos, Ferrol, Antas de Ulla ou Gondomar, prevense subidas ao monte ou percorridos a pé a modo de manifestación. Algunhas das convocatorias previstas acollerán outros actos complementarios como recitais poéticos, chocolatadas, magostos, performance ou palestras.

A mobilización “Na Defensa das Montañas. Eólica Así Non” estará secundada por máis de 170 colectivos, plataformas e entidades galegas de carácter ecoloxista, veciñal, social, cultural, sindical ou político, que forman parte da coordinadora “Eólica Así Non”. 

    *****
ENTIDADES QUE SECUNDAN OU APOIAN A MOIBLIZACIÓN DO 11D:
“NA DEFENSA DAS MONTAÑAS. EÓLICA ASÍ NON”
1. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA
2. Amigos da Terra
3. Confederación Intersindical Galega - CIG
4. Federación Ecoloxista Galega - FEG
5. Federación Rural Galega - FRUGA
6. Verdegaia
7. Rede do Patrimonio Cultural
8. Rede Galega por un Rural Vivo
9. Aldeas Libres de Macroeólicos-Non ao Macroparque Ordes-Curtis
10. Amigas das Árbores de Ourense
11. Asemblea do Suído
12. AA.VV. O Outeiro de Sanamede de Monte - Afectados Troitomil de A Baña
13. Asociación Roxín Roxal
14. Asociación O Sorriso de Daniel
15. Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
16. Calo rural
17. Colectivo A Rula
18. Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro
19. Plataforma pola Recuperación do Sar
20. Quijote de Outes
21. Rede do Rural
22. Salvemos A comarca de Ordes
23. Sos Encrobas
24. A Gentalha do Pichel
25. A Rente Do Chan – Pladever
26. A. C. Movemento Oia
27. A Capela Di Non
28. Aire Limpo nas Mariñas – Mandeo
29. Alarma Terra de Montes
30. Alternativa Veciñal de Antas
31. Amigos das Cegoñas
32. Anova Irmandade Nacionalista
33. Arquitectura Sen Fronteiras
34. As Tres Nebrosas
35. Asemblea Republicana Galega
36. Asociación A Volta Grande do Courel
37. Asociación A-Legre
38. Asociación Ambiental Senda Nova
39. Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
40. Aosciación de afectados polo Parque Eólico Outes-Mazaricos – APEOM
41. Asociación de afectados por eólicos de Vilaboa
42. Asociación Boa Vida – FISA
43. Asociación Cultural "Vagalumes" de Tabeirós-Terra de Montes
44. Asociación Cultural Arumes do Corgo
45. Asociación Cultural Bidueiro
46. Asociación Cultural Eira Vella
47. Asociación Cultural Eme de Meira
48. Asociación Cultural Lugo Patrimonio
49. Asociaciación Cultural Mádia Leva
50. Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta
51. Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega – AELG
52. Asociación en Defensa da Costa da Morte - ADECOM
53. Asociación Fonte Seca da Baña
54. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios – ACOUGA
55. Asociación Galega de Custodia do Territorio – AGCT
56. Asociación Lobo
57. Asociación Monte Pindo Parque Natural
58. Asociación Naturalista do Baixo Miño – ANABAM
59. Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula
60. Asociación pola Defensa da Ría – APDR
61. Asociación pola protección animal Abeiro
62. Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo
63. Asociación REBINXE
64. Asociación socioeducativa Antonio Gandoy
65. Asociación Tarabelada
66. Asociación Veciñal Chan da Rotea
67. Asociación Vento Libre de San Román
68. Asociación 25 Xastres
69. Associaçom Cultural O Quilombo
70. Associaçom José Afonso - AJA Galiza
71. Bloque Nacionalista Galego – BNG
72. C.D.R. "O Viso"
73. Cabanas Di Non
74. Causa Galiza
75. Centro Social Gomes Gaioso
76. Cerdido Di Non
77. Club Alpino Ourensán
78. Club de Montaña Azimut
79. Club de Montañismo Montañas de Trevinca
80. Club Montañeiros Celtas
81. Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
82. Co-mando Ghichas
83. Colectivo Agrocuir da Ulloa
84. Colectivo Capitán Gosende
85. Colectivo Ecoloxistas do Salnés – CES
86. Colectivo Feminista Deza-Tabeirós
87. Colectivo Terra
88. Comité de Defensa das Rías Altas
89. Comité Galego do PCE (m-l)
90. Compostela Aberta
91. Comuneiros Montes do Cha de Brión
92. Comunidade de Montes de Candeán
93. Comunidade de Montes de Coruxo
94. Comunidade Vangarda Obreira de A Coruña
95. Contramínate
96. Donas de Nós
97. ECOAR))) Global
98. Ecoloxistas de Catoira
99. Ecoloxistas en Acción
100. Eiquí Eólicos Non
101. Entropía Folk
102. Erguer. Estudantes da Galiza
103. Escolas de Ensino Galego Semente
104. Falcatrueiros de Monterroso
105. Federación de Asociacións Culturais GALIZA CULTURA
106. Fundación EIRA
107. Galicia Ambiental
108. Galiza Nova
109. GREFA
110. Grupo de Consumo O Zuleiro
111. Grupo Naturalista Hábitat
112. Instituto de Estudos Miñoráns – IEM
113. Interior Galego Vivo – IGV
114. Lagares Vivo
115. LS. Faísca de Vigo
116. Marea Atlántica
117. Mesa Eólica Merindades de Burgos
118. Mina Alberta Non
119. Mina Touro O Pino Non
120. Monfero Di Non
121. Movemento Arredista
122. Movimento Ecoloxista da Límia – MEL
123. Movemento Veciñal de Neda
124. Músicas ao Vivo
125. Non L.A.T. Carmoega Galegos
126. Nova Escola Galega
127. O Rural Quere Xente
128. Ortegal Di Non
129. Patrimonio dos Ancares
130. Plataforma de Afectados de Paderne
131. Plataforma Afectados polos Eólicos Lalín
132. Plataforma Así Eólicos Non de Cerdedo-Cotobade
133. Plataforma Bierzo Aire Limpio
134. Plataforma Casalonga limpa de residuos
135. Plataforma de afectadxs Eólicos Vila de Cruces
136. Plataforma Defensa do Sur da Dorsal Galega
137. Plataforma Eólicos na Mariña, Así Non
138. Plataforma Eólicos no Morrazo, Non
139. Plataforma en defensa da Ría de Sada e Betanzos
140. Plataforma Galega pola Terceira República
141. Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural
142. Plataforma Non ao Parque eólico de Castrove
143. Plataforma Nos Ancares, Eólica Así Non
144. Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños
145. Plataforma pola defensa da Ría de Vigo “Cíes”
146. Plataforma polo Monte As Salgueiras
147. Plataforma Salvemos Catasós
148. Plataforma Terra Chá
149. Plataforma veciñal mina Touro O Pino non
150. Platatorma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica – PDCC
151. Quercus Sonora
152. Rebeldía Galicia
153. Rede Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
154. Rente ao Couce
155. S.O.S. Patrimonio Monte do Gato Seselle
156. Salvemos o Támega – ADEGA Monterrei
157. Salvemos o Val de Barcia-Monte Xalo
158. Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza – STEG
159. Sindicato Labrego Galego – SLG
160. Sociedade Galega de Historia Natural – SGHN
161. Sociedade Galega de Ornitoloxía – SGO
162. Sos Groba
163. SOS Suído Seixo
164. Stop eólicos Negueira
165. Stop eólicos Xurés-Celanova
166. Stop eólicos Chandrexa
167. Tarabela. Grupo de Consumo Responsable.
168. TexMoeche
169. Unión da Mocidade Galega
170. Vaipolorío
171. Véspera de Nada
172. Zua

domingo, 28 de novembro de 2021

Roteiro dos ríos Caselas e Landres

Roteiro dos ríos Caselas e Landres
Salceda de Caselas
Domingo 12 de decembro 2021
Camiñada
Nesta ocasión imos facer unha camiñada na contorna do concello de Salceda de Caselas. Con preto de 14 km. de percorrido e con moi pouco desnivel na gran maioría do camiño, este roteiro presenta unha dificultade en xeral baixa.
Para achegarnos ata o lugar de inicio do roteiro farémolo en vehículos particulares. Podedes compartir prazas nos coches saíndo dende Vigo ou chegar pola vosa conta, sempre previa inscrición.
Sairemos de Vigo ás 09:00 h. (presentarse 10 minutos antes)
Como sempre, compartiremos máis información a través dos correos electrónicos.
Máis información e inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 (de 19:30 a 21:30 h.)
A lista de inscricións xa está aberta e pecharase o xoves día 9 de decembro.
Como axuda á xuventude, todas as persoas menores de 40 anos teñen un desconto do 50% sobre o xa reducido prezo das actividades.

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

luns, 15 de novembro de 2021

O Camiño dos Pazos (Territorio Deza III)

O Camiño dos Pazos 
Lalín
(Territorio Deza III)
Camiñada
Fotografía: Pazo Bendoiro

O sábado 27 de novembro imos gozar cunha relaxante camiñada na contorna do concello de Lalín. 

Faremos un roteiro de aproximadamente 17 km. de percorrido e cunha dificultade media-baixa.

Se ben o roteiro non ten maior dificultade que a de camiñar os 17 km. ao longo da xornada e case sen desniveis, se alguén quere facer algún tramo máis corto e doado que se informe na secretaría de esta opción.

Desprazarémonos en autobús dende Vigo.

Sairemos as 08:30 h. dende o lugar habitual en Vigo ( hay que presentarse 10 minutos antes).

Para participar hai que estar afeitos a facer camiñadas similares e non padecer impedimento físico o prescripción médica previa que desaconselle a realización deste tipo de actividade.

Hai que levar calzado e roupa axeitada para camiñar por carreiros no monte e, segundo climatoloxía, roupa de abrigo, chubasqueiro, etc.

A comida levámola na mochila; bocatas, fruta, etc. (completa a información na secretaría)

Nesta ocasión é preciso levar calzado de reposto para cambiarse ao rematar a camiñada. O calzado e roupa de reposto queda no bus ata que faga falta.

Aproveitaremos para facer algunhas visitas culturais na contorna, ben no transcurso da camiñada ou ao rematar; pazos, exposicións, etc. 

Inscricións e máis información na secretaría Tel. 686-986-784 desde o xoves 18 ata o xoves 25 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Lembrade que ata os 40 anos aplicase un desconto do 50% nas actividades.

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

mércores, 3 de novembro de 2021

Magosto 2021 con Bidueiro

 Magosto 2021
Domingo 14 de novembro

Magosto social no monte Aloia (Tui)

Saída ás 10:00 da mañá dende Vigo en vehículos particulares.

Inscricións na secretaría desde o xoves 4 ata o xoves 11 de novembro Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Aforo limitado.

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 

mércores, 13 de outubro de 2021

Aniversario 2021

Aniversario 2021
Domingo 24 de outubro

Este ano celebraremos o Aniversario da Asociación con actividades en diferentes barrios de Vigo.
Reunirémonos as 11:00 h. nun punto moi céntrico da cidade para, a través dunha visita guiada, coñecer a historia e arquitectura dos edificios máis representativos de Vigo.
Rematada a ruta guiada polo centro da cidade desprazarémonos ata o local sociocultural onde xantaremos e levaremos a cabo o resto de actos da festa aniversario.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 dende o xoves día 14 ata o mércores 20 (horario 19:30 a 21:30 h.)
Para chegar ao punto de encontro, podedes facelo a pé, en bus urbán ou en vehículos particulares, xa que é bastante céntrico. Para acercarse ata o local sociocultural onde xantaremos e faremos a festa pola tarde podedes facelo en bus urbano ou vehículos particulares, dado que está na contorna do Calvario/Avda. Aeroporto.
Se alguén non pode participar toda a xornada e soamente pode estar no xantar e actos da tarde que o indique ao inscribirse.

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 

xoves, 23 de setembro de 2021

A Serra da Groba

A Serra da Groba
Domingo 10 de outubro de 2021
 Camiñada

👉Preme aquí e verás fotografías da actividade

Saída en autobús desde Vigo

Hora de saída 09:00 (presentarse dez minutos antes no lugar de reunión)

Actividade ao longo de toda a xornada do domingo 10 de outubro na cal faremos unha fermosa camiñada pola serra da Groba no concello de Baiona.

Ruta de dificultade media-baixa con desnivel negativo e un percorrido aproximado de 16 km. Desde o máis alto da serra iremos camiñando paseniñamente ata chegar ao mar, sempre gozando de fermosas vistas e moi preto do gando que vive en liberdade como e o caso dos garranos.

Temos que levar da casa a comida para xantar, o que faremos no transcurso da camiñada.

Para participar hai que estar afeitos a camiñar distancias similares e non padecer impedimento físico previo que desaconselle a súa realización.

Máis información no correo electrónico acbidueiro@gmail.com ou no teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.

Inscricións dende o xoves 30 de setembro ata o xoves 7 de outubro na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente ás persoas socias, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar nunha ocasión en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes participar consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas. Entre os nosos fins está o de "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 

domingo, 12 de setembro de 2021

Limpeza simultánea de ríos 2021 - Proxecto Ríos

 Limpeza Simultánea de Ríos 2021
"Proxecto Ríos"
Domingo 26 de setembro
Limpeza do río Lagares 
(Vigo)

Bidueiro coordina en Vigo a limpeza dun tramo do río Lagares.

Xornada de Voluntariado Ambiental

Actividade aberta previa inscrición

Imprescindible inscrición na secretaría de Bidueiro Tel. 686-986-784 dende o xoves 16 ata o xoves 23 de setembro.

O domingo 26 de setembro #Bidueiro coordinará en #Vigo unha xornada de limpeza nun pequeno tramo do río Lagares, actividade incluida no calendario anual da Asociación e na "XIV Limpeza Simultánea de Ríos". Esta xornada de voluntariado ambiental está promovida en Galicia polo "Proxecto Ríos" e conta coa colaboración de Augas de Galicia.

Para participar nesta actividade de Voluntariado Ambiental en Vigo hai que inscribirse previamente na secretaría da Asociación, chamando ao número de teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

O prazo de inscricións ábrese o xoves 16 e péchase o xoves 23 de setembro ou antes no caso de completarse o número máximo de prazas.

Esta é unha actividade aberta e gratuita na que as persoas participantes farano en condición de VOLUNTARIAS.

A limpeza será de mañá nun tramo do río Lagares en Vigo, polo que podedes desplazarvos a pé, en autobús ou en vehículos particulares. A hora de comezo será ás 10:30 h. (presentarse 10 minutos antes) e rematará as 14:00 h.

Se ben non fará falta que todos os participantes teñan que meterse na auga, unha boa parte deles si, por iso, o calzado máis axeitado serán botas de auga (katiuskas), pero tampouco son imprescindibles, podense levar outro tipo de botas xa para facer labores polas beiras.

O que aconsellamos e que levedes luvas de goma (guantes de fregar) e si é posible botas de auga (katiuskas).

O horario da actividade será de 10:30 a 14:00 h., unha veza finalizada esta quen o desexe pode quedar ao xantar en grupo traendo a comida da casa. 

"O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraidos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á ciudadanía que as pequenas accións valen moito."
Proxecto Ríos

Se estás interesad@ en participar ponte en contacto non nós:

Asociación Bidueiro (Vigo) ... Tel. 686-986-784 (de 19:30 a 21:30 h.)

Organiza:
Proxecto Ríos

Promove:

Coordinadores en Vigo:

Forman parte da Rede Ibérica do Proxecto Ríos:
  • Associació Hábitats, en Catalunya, dende o ano 1997
  • Asociación ADEGA, en Galicia, dende o 2004
  • Fundación Limme, en Comunitat Valenciana, dende o 2005
  • Centro de Investigación del Medio Ambiente (CIMA), en Cantabria, dende o 2006
  • Territorios Vivos, en Madrid, dende o ano 2006
  • Associaçáo Aspea, en Portugal, dende o 2007

Traballamos en rede

Unha das características do Proxecto Ríos é a súa implicación na creación ou participación en redes, nomeadamente de entidades de voluntariado ambiental.

O Proxecto Ríos foi unha das entidades impulsoras da Rede Ibérica do Proxecto Ríos, agrupación que ten entre as súas funcións o intercambio de metodoloxías, o intercambio de coñecementos e experiencias dos voluntarios e as voluntarias, apoio técnico para o desenvolvemento de novas inicitivas, así como o deseño de actividades conxuntas e a coordinación de diferentes iniciativas de custodia fluvial.

Cada entidade, traballando dende os respectivos territorios, suma a súa experiencia e esforzos para a conservación dos ríos.

A participación no Seminario de Voluntariado en Ríos do CENEAM axudounos a coñercer cal é a realidade dos diferentes programas que unen ríos e persoas no resto dos territorios do estado e aportar a nosa experiencia, así como aprender doutras entidades que perseguen unha finalidade similar.
Implícate e participa!!