Soutos do Mosteiro de Santa Cristina
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra
Concello de Parada de Sil
Domingo, 11 de outubro de 2020
Camiñada
O domingo 11 de outubro disprazarémonos ata Parada de Sil na Ribeira Sacra, concello no que faremos unha fermosísima camiñada polos "Soutos do Mosteiro de Santa Cristina", por antigas congostras e imponentes miradoiros sobre o canón do río Sil.
Pero nesta camiñada non podia faltar a visita ao mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil, situado nunha contorna espectacular, rodeado de soutos centenarios que convidan o acougo.
Sairemos en autobús desde Vigo e regrasaremos a última hora da tarde.
A camiñada ten unha distancia aproximada de 13 km. e unha dificultade media. Este percorrido farémolo ao longo de toda a xornada, incluida a visita o mosteiro de Santa Cristina, Miradoiros, Xantar, etc.
Xantaremos no transcurso da camiñada polo que terémos que levar a comida na mochila.
Recomendamos levar calzado axeitado para camiñar por carreiros empedrados e roupa según climatoloxía.
Como sempre e por se fose necesario cambiarse ao rematar a camiñada, aconsellamos deixar roupa e calzado de reposto no autobús.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas, desde o xoves 1 ata o xoves 8 de outubro.