Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 17 de setembro de 2020

Bidueiro coordina o Proxecto Ríos en Vigo / Limpeza Simultánea de Ríos 2020

 Móllate polos Ríos
Xoranda de Limpeza Simultánea de Ríos en Galicia
Limpeza do río Lagares en Vigo
(Proxecto Ríos) 
Isto é penoso, o río Lagares parece un vertedoiro!!
Despois de soamente 3 horas de recollida de lixo por parte de 28 voluntari@s nun pequeno tramo do río Lagares en Vigo, xuntamos en 22 sacos a rebentar 1.200 kg. de refugallos; plásticos, cordas, latas, ferros, toalliñas hixiénicas, roupa e unha chea de porcalladas maís retiradas do leito do río, pero ollo porque todavía queda moitísimo por limpar...

Rosa Casal, Presidenta da Asoc. Bidueiro, e o Coordinador do Proxecto Ríos en ADEGA comentan no programa de radio "Esperta Valladares" a actividade realizada e outros aspectos do #ProxectoRíos. Preme aquí para escoitar a entrevista (despois do minuto 32)

Podedes acceder aquí á Memoria relativa a Limpeza Simultánea realizada por todas as entidades participantes en Galicia.

O domingo 27 de setembro #Bidueiro coordinará en #Vigo unha xornada de limpeza nun pequeno tramo do río Lagares, actividade incluida no calendario anual da Asociación e na "XIII Limpeza Simultánea de Ríos", xornada de voluntariado ambiental promovida polo "Proxecto Ríos" e que conta coa colaboración de Augas de Galicia.

Para participar nesta actividade de Voluntariado Ambiental en Vigo hai que inscribirse previamente na secretaría da Asociación, chamando ao número de teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

O prazo de inscricións ábrese o xoves 17 e péchase o xoves 24 de setembro ou antes no caso de completarse o número máximo de prazas.

Esta é unha actividade aberta e gratuita na que as persoas participantes farano en condición de VOLUNTARIAS.

A limpeza será de mañá nun punto do río Lagares bastante céntrico de Vigo, polo que podedes desplazarvos a pé, en autobús ou en vehículos particulares.

Se ben non fara falta que todos os participantes teñan que meterse na auga, unha boa parte deles si, por elo, o calzado máis axeitado serán botas de auga.

O único que aconsellamos e que traiades luvas de goma (guantes de fregar) e si é posible botas de auga, a maiores recomendamos levar roupa e calzado de resposto por se fose necesario cambiarse ao rematar a limpeza.

O horario da actividade será de 10:30 a 14:00 h., unha veza finalizada esta quen o desexe pode quedar ao xantar en grupo traendo a comida da casa. 

"O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraidos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á ciudadanía que as pequenas accións valen moito."
Proxecto Ríos

Se estás interesad@ en participar ponte en contacto non nós:

Asociación Bidueiro (Vigo) ... Tel. 686-986-784 (de 19:30 a 21:30 h.)


Organiza:

Proxecto Ríos

Promove:



Colaboran:

Concellos; A Estrada, Ames, Arzúa, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Pol, Ponteareas, Rianxo, Salceda, Teo, Tomiño, Verín, Ribadumia, Santiago de Compostela.


Participantes/Coordinadores 2020

O Proxecto Ríos organiza en colaboración con diferentes entidades unha limpeza simultánea de ríos nos seguintes lugares. Se queres participar contacta co/a coordinador/a do concello máis cercano.

ConcelloGrupoCoordinador/aTeléfono/e-mail
A CoruñaOficina de Medio Ambiente da UDC

Asoc. Hortas do Val de Feáns

Vero

Lourdes

oma2@udc.gal

669 107 835

A EstradaAsoc. a XesteiraManuel680 244 842
A Guarda Asoc. A Jalleira Miguel652 270 255
A MercaAsoc. Xoldreira Rita685 569 597
AmesConcello de Ames Patricia981 883 002
 A Cañiza Fundación MundoNatura José Antonio608 23 23 10
AresAsoc. Amigos do Mosteiro de Sta. CatalinaConcello de AresCelsa

Biblioteca de Ares

639 850 308
ArzúaAsoc. Pescadores Amigos do Iso Roberto617 402 353
As PontesAsoc. EuroeumeMiguel600 606 435
BetanzosFragas do MAndeoFernando627 996 481
 Cenlle Asoc. Veciñal Lentille Susana686 010 883
CambreOficina de Participación e VoluntariadoRicardo
Cangas do MorrazoADEGA-MorrazoMiguel606 558 090
CarballoConcello de Carballo
CarralAsociación BrexaXosé698 146 685
CatoiraEcoloxistas de Catoira Vanesa677 893 091
FeneAETNAMaría José610 364 551
FerrolADEGA Trasancos Miguel Anxo
GondomarVoluntariado do Proxecto Ríos de Gondomar
Concello de Gondomar
 Pablo627 276 816
LugoADEGA LugoLucía677 800 293
LousameFundaçao Montescola Joam622 312 831
MarínGrupo Cultural Ronsel Antón986 702 505
MeisCPI Mosteiro-Meis

Concello de Meis

Camilo657 303 614
MelideAsoc. MelidáCristina667 647 847
NegreiraAsoc. Cultural Afonso Eanes Xián
NigránConcello de NigránConcello986 368 734
OurenseEcovixiantes FranciscanasAula da Natureza GonzaloLuis988 232 232

988 510 781

MoañaADEGA-MorrazoTonio662 094 951
Parada de SilA Fábrica da Luz Sara988 984 990
PorriñoValoraNatura Xulio654 045 196
PonteareasPlataforma pola Defensa do Tea Marta696 655 089
PontevedraVaipolorío

Fundación Juan XXIII

 Xosé

Susana

676 842 942

636 05 06 54

RedondelaAAVV ChapelaÁlvaro680 718 952
RianxoAAVV Araño

Concello de Rianxo

Diego

Quique

649 30 87 02

981 860 80

RibadumiaColectivo Ecoloxista do SalnésMª Dolores698 147 188
Santiago de CompostelaADEGA CompostelaGentalha do Pichel

AFA Montessori

Maca

María

 981 570 099

636 838 273

658 173 466

Salceda de CaselasAsoc. TrezeCatorzeLorena660 235 277
SarriaAsoc. Crearte Veronica677 229 463
Seoane do CourelFundación UxíoNovoneyraAna
TeoConcello de TeoIgnacio
TomiñoOmix Concello TomiñoNoemí986 622 001
ValgaMuíño Didáctico de CampañaJosé María649 603 350
VerínConcello de Verín

Stars Nature Watchers

Puri

Chiqui

615 343 879
VigoAsoc. BidueiroRosa686 986 784

Implícate e participa!!