Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 21 de agosto de 2020

As Pontes do Lérez

As Pontes do Lérez (I)
Domingo 13 de setembro
Forcarei (Terra de Montes)
(Camiñada)
Saída ás 09:00 horas en autobús dende Vigo
(presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión)
Fermosa camiñada ambiental de dificultade media no concello de Forcari (Pontevedra).

A distancia aproximada da totalidade da camiñada será de 14 km. a realizar durante toda a xornada.
Os participantes debemos estar afeitos a camiñar en espazos naturais; carreiros, camiños empedrados, con moita vexetación, etc.
Hai que levar nunha mochila algo para picar a media mañá e a comida para o xantar, roupa e calzado axeitado para camiñar por carreiros e bosque de ribeira.
Recomendamos levar botas de trekking e bastón polas condicións do chan, igualmente e recomendable deixar no bus roupa e calzado de reposto.  
Inscricións na secretaría da Asociación dende o xoves 3 ata o xoves 10 de setembro, chamando ao Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Desconto do 50% aos menores de 40 anos.
Chegaremos a Vigo a última hora da tarde.
Ven gozar con Bidueiro!!