Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

mércores, 8 de xullo de 2020

As Pontes do Arnoia en Allariz

As Pontes do Arnoia en Allariz
Domingo 19 de xullo de 2020
Camiñada para tod@s
Saída en autobús ás 08:30 horas desde Vigo
Hai que presentarse no lugar de reunión dez minutos antes da saída.
Camiñata de dificultade baixa polas beiras do río Arnoia en Allariz.
Distancia aproximada do percorrido 10 Km.
Camiñaremos soamente pola mañá.
A sombra das árbores de ribeira farannos gozar dunha paisaxe relaxante, fresca e moi fermosa.
Xantaremos nunha praia fluvial e pola tarde poderemos gozar da área recreativa, dar un paseo ata o casco antigo, etc.
E recomendable levar algo para picar a media mañá, roupa e calzado axeitado para camiñar por carreiros, auga, gorro e crema solar.
Temos que levar da casa a comida para o xantar e pode quedar no autobús.
Regreso a Vigo a última hora da tarde. 
Podedes levar o bañador, toalla, farrapo, neveira de praia, etc. 
Consultade calquera tipo de dúbida, e o mellor para tod@s.
Obrigatorio cumplir as normas sanitarias; distancia mínima, uso de máscaras, etc.
Inscricións na secretaría da Asociación teléfono 686-986-784, desde o xoves 9 ata o xoves 16 en horario de 19:30 a 21:30 horas. #bidueiro
Ven gozar con Bidueiro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: