Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 16 de xullo de 2020

A Ribeira Sacra do Sil

A Ribeira Sacra do Sil

Domingo 2 de Agosto de 2020

Sober (Lugo)
Actividade sociocultural e de lecer
Fotografía: EP
Saída en autobús ás 09:00 horas dende Vigo (Novo horario)
(Hai que presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión)
Visitas culturais pola mañá.
Podemos xantar nunha área recreativa levando a comida da casa ou facelo na terraza dun restaurante/tapería se reservamos praza ao inscribirnos. (ampliade información ao inscribirvos na actividade)
Cruceiro en catamarán polo Canón do Sil na Ribeira Sacra.
Impresionantes vistas do Canón do Sil dende diferentes miradoiros.
Chegada a Vigo a última hora da tarde.
Desconto do 50% aos menores de 40 anos
Nesta ocasión, según a idade dos participantes, hai diferentes prezos na activiade. Precio reducido para menores de 12 e maiores de 65 anos.
Inscricións desde o xoves 23 ata o xoves 30 de xullo na secretaría da Asociación, teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Coñenendo e protexendo a cultura e natureza do país.
Actividade para tod@s!!
Ven gozar con Bidueiro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: