Camiños da Costa de Galicia
Illa de Arousa (Sur)
Domingo 21 de xuño
Camiñada cultural e ambiental
Acompañanos, ven coñecernos!!
Camiñada pola Illa de Arousa cunha distancia aproximada de 14 km. e unha dificultade baixa, sendo o percorrido totalmente chan.
Importante:
Os participantes, como sempre, deberán respetar en todo momento as indicacións da organización, e nestes momentos, moi especialmente todo o que se refiere as actuais medidas sanitarias de distanciamento, utilización de máscaras nos medios de transporte e en calquera momento da actividade se non se puidese garantir puntualmente a distancia mínima entre as persoas.
A Asociación poderá dividir en grupos aos participantes, sempre que esta medida fose imprescincible para garantir o número máximo de persoas por grupo e a seguridade sanitaria das mesmas.
Estas medidas quedarán supeditadas a evolución da actual situación de alerta sanitaria e da normativa de obrigado cumprimento que estea en vigor o propio día da actividade.
Ante calquera tipo de dúbida sobre estas cuestións, o mellor é que as aclaredes con anterioreidade na secretaría da Asociación.
Como xa indicamos, esta é unha camiñada totalmente chan e bastante doada, pero para as persoas que o desexen haberá a posibilidade de facer un pequeno tramo e compartir o resto da xornada co resto de compañeir@s, sempre adaptándose aos tempos do grupo máis numeroso.
Finalizada a camiñada e despois do xantar poderemos gozar dunha tarde de praia e descanso en piñeiral as beiras do mar.
Saída ás 08:30 horas en autobús dende Vigo (presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión)
Hai que levar na mochila; algo para picar a media mañá, comida para o xantar, protector solar, gorro, máscara, bañador, toalla e moitas ganas de pasalo ben. (posiblemente poidades deixar no bus a comida do xantar, pero informarase o propio día)
No suposto de non estar moi bo tempo xantaríamos nun lugar recolleito.
Hai que levar na mochila; algo para picar a media mañá, comida para o xantar, protector solar, gorro, máscara, bañador, toalla e moitas ganas de pasalo ben. (posiblemente poidades deixar no bus a comida do xantar, pero informarase o propio día)
No suposto de non estar moi bo tempo xantaríamos nun lugar recolleito.
Inscricións e información na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. dende o xoves 11 ata o xoves 18 de xuño.
Consulta sen compromiso calquera dúbida, é o mellor para tod@s!!
Consulta sen compromiso calquera dúbida, é o mellor para tod@s!!
Un descansiño? |
- Todas as actividades da Asociación Bidueiro están cubertas con seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes.👈
- As persoas menores de 40 anos disfrutades dun desconto do 50% nas actividades (según acordos da X.D.)👍👦
Aproveitamos para comentarvos:
- As persoas menores de 40 anos, como en todas as actividades de Bidueiro, estades bonificadas pola Asociación cun 50% de Dto. (segundo acrodos da X.D.)
- Como moitos xa sabedes, as actividades de Bidueiro están dirixidas a soci@s, pero para que poidades coñecernos, calquera pode acompanarnos nalgunha actividade previamente e sen compromiso ningún.
- No segundo semestre do ano as cotas de soci@ son do 50% da cota anual, as cales podes consultar na pestana da web "Faite Soci@"
- Todos os membros da mesma unidade familiar disfrutades de descontos sobre as cotas anuais de socios.
- Lembrar que Bidueiro non é un club deportivo, nin unha empresa privada, nin un grupo de guías profesionais... Bidueiro é unha asociación altruista onde levamos adiante con moita ilusión e dedicación iniciativas de divulgación, conservación e coñecemento en eidos culturais, ambientais e socias, sempre contando coa colaboración de soci@s e persoas voluntarias.
O domingo zarpamos con moito sentidiño!!
VINDEIRAS ACTIVIDADES:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: