Historia e Natureza da Limia (I)
Domingo 5 de xullo de 2020
Saída sociocultural
Xornadas de coñecemento da Historia, Patrimonio e Natureza da Comarca da Limia.
Esta I Xornada de coñecemento da comarcá limiá transcurrirá polos concellos de Sandiás e Xinzo de Limia.
Importante:
Os participantes, como sempre, deberán respetar en todo momento as indicacións da organización, e nestes momentos, moi especialmente todo o que se refiere as actuais medidas sanitarias de distanciamento, utilización de máscaras nos medios de transporte e en calquera momento da actividade se non se puidese garantir puntualmente a distancia mínima entre as persoas.
A Asociación poderá dividir en grupos aos participantes, sempre que esta medida fose imprescincible para garantir o número máximo de persoas por grupo e a seguridade sanitaria das mesmas.
Estas medidas quedarán supeditadas a evolución da actual situación de alerta sanitaria e da normativa de obrigado cumprimento que estea en vigor o propio día da actividade.
Ante calquera tipo de dúbida sobre estas cuestións, o mellor é que as aclaredes con anterioreidade na secretaría da Asociación.
Saída en autobús desde Vigo ás 08:00 h.
Inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas, desde o xoves 25 de xuño ata o xoves 2 de xullo.
Actividade ao longo de toda a xornada, con chegada a Vigo a última hora da tarde.
Faremos diferentes visitas guiadas pola contorna, combinando cortos desprazamentos en autobús e pequenos paseos para achegarnos aos puntos de interese.
Xantaremos nunha carballeira levando a comida e bebida da casa.
No caso de que o tempo non sexa moi bo xantaríamos nun local social e se o tempo fose moi malo cancelaríase a saída.
Haberá paradas pola mañá e pola tarde para café, refrescos, etc.



- Todas as actividades da Asociación Bidueiro están cubertas con seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes.👈
- As persoas menores de 40 anos disfrutades dun desconto do 50% nas actividades (segundo acordos da X.D.)👍👦

Non faltedes, imos aprender moitas cousas de A Limia
Un día moi completo para coñecer máis sobrfe a historia de A Limia e do noso país.
Ven gozar con Bidueiro!!