Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 1 de maio de 2020

Volveremos

Volveremos

Hoxe, primeiro día desta ponte de maio, teriamos que estar en Asturias gozando a lume de biqueira dunha chea de actividades. Non puido ser, a pandemia polo covid-19 e o confinamento truncaron moitas cousas nos últimos meses, pero se a situación sanitaria continúa mellorando e todos colaboramos, pronto volveremos a vernos para facer moitísimas cousas xunt@s.

Mañá comezará unha lenta e progresiva volta á normalidade, pero moito ollo, non nos precipitemos, vaiamos amodo e con moito sentidiño para non ter que dar pasos atrás e que o "becho" siga propagandose.




Para información e trámites autorizados seguimos a vosa disposición no teléfono 686-986-784 ou no correo electrónico acbidueiro@gmail.com
Resistide un pouquiño máis, pronto volveremos!!💪

2 comentarios:

  1. Claro que volveremos!
    Con máis forza e máis ganas.
    Ata entón, a cuidarse todos.
    Ánimo 🤗😘

    ResponderEliminar
  2. Que ganas de estar e camiñar con todos vos. Coidaros moito. Ata pronto

    ResponderEliminar

Comentarios: