Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 24 de febreiro de 2020

Illa de Arousa (sur)-Senderismo, Domingo 15 de marzo.


Camiños da Costa de Galicia
Illa de Arousa (Sur)
Domingo 15 de marzo
Sendeirismo

ACTIVIDADE CANCELADA SEGUINDO AS INDICACIÓNS DAS AUTORIDADES SANITARIAS EN RELACIÓN COA EPIDEMIA DE CORONAVIRUS. TAN PRONTO COMO SEXA POSIBLE INFORMAREMOS DA NOVA DATA.

Camiñada pola Illa de Arousa cunha distancia aproximada de 14 km. e unha dificultade baixa, sendo o percorrido totalmente cha.
Saída ás 09:00 horas en autobús dende Vigo.
Inscricións e máis información na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas e dende o xoves 5 ata o xoves 12 de marzo.
Os menores de 40 anos, como en todas as actividades de Bidueiro, estades bonificados pola Asociación cun 50% de Dto. según acordos.
Ven gozar con bidueiro!!
ACTIVIDADE CANCELADA ATA NOVO AVISO POR ALERTA SANITARIA NACIONAL

xoves, 6 de febreiro de 2020

La Compañera de Piso (obra de teatro)

La Compañera de Piso
Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.
Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

Sinopse: Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.
  • Intérpretes:  Patricia Vázquez e Rebeca Montero – Coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon
  • Texto orixinal: Jen Silverman
  • Adaptación: Lilian Portela
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Vestiario: Belén Pichel
  • Maquillaxe: Rebeca Montero
  • Música orixinal: Guillerme Fernández
  • Ilustración e deseño gráfico: Lúa Gándara
  • Realización vídeo: MM fineart&love
  • Axudante de dirección e Produción executiva: Lilian Portela
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección: Belén Pichel e Candido Pazó
  • Fotos: Cristina Astorgano (La Escena Iluminada)
 Próximas Datas
  • 07/02/2020 21:00 H - Vigo - Auditorio Municipal
  • 08/02/2020 21:00 H - Vigo - Auditorio Municipal
  • 14/02/2020 21:30 H - Tui -   Auditorio Municipal
Fonte:www.contraproducións.com

luns, 3 de febreiro de 2020

Entroido de Verín

ENTROIDO DE VERÍN 
VISITA A CHAVES
(Portugal)
Actividade Sociocultural
Domingo, 23 de febreiro de 2020
Preme aquí e verás fotografías da actividade

Saída en autobús dende Vigo

Gozando co Entroido de Verín e cos Cigarróns
Visita a Chaves (Portugal)
Desconto do 50 % a menores de 40 anos 
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.