O Camiño das Termas
Domingo 19 de Xaneiro
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Preme aquí e verás fotografías da actividade
"O Camiño das Termas" será o destino da #camiñada que faremos o domingo 19 de xaneiro por terras do sur do Ribeiro, en concreto nos concellos de Arnoia e Cortegada. Esta ruta adaptada por #bidueiro mistura tramos de vellos camiños polas beiras dos ríos Miño e Arnoia.
Sairemos 08:30 horas en autobús dende #Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión)


O roteiro de aproximadamente 16 km. e cunha dificultade media-baixa ten moi poucos desniveis e resulta moi relaxante.
Coma sempre camiñaremos de forma tranquila e fancendo paradas para coñecer a natureza e historia da contorna.
O camiño é diferente según o tramo no que nos atopemos, podendo pasar dun frondoso bosque a un plácido e doado paseo polas beiras dos ríos Miño ou Arnoia.
Inscricións na secretaría en horario de 19:30 a 21:30 e dende o xoves 9 ata o xoves 16 de xaneriro.
Teléfono: 686-986-784
Teléfono: 686-986-784
Hai que levar unha mochila con auga, algo para picar a media mañá e a comida para o xantar, así como roupa e calzado axeitado para camiñar por carreiros.
Despois do xantar agardanos un pequeno e doado tramo do camiño ata rematar, o que faremos tomando un merecido refresco a carón do Miño cunhas fermosas vistas.
O prezo xeral da actividade é de 15 € (incluido transporte e seguros de R.C. e Acc.)
Os menores de 40 anos estades bonificados cun Dto. do 50%
Ven gozar do Camiño das Termas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: