Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 26 de xaneiro de 2020

Reserva da Biosfera de Allariz

Reserva da Biosfera -Área de Allariz-
Domingo 2 de febreiro
Actividade sociocultural na Reserva da Biosfera -Área de Allariz-, onde visitaremos e coñeceremos diferentes e interesantísimas iniciativas ambientais e sociais no contorna rural.


Se che gusta coñecer e participar en inicitivas de dinamización da contorna rural, granxa respetuasa co medio, recuperación de razas amenazadas, terapias con burros e relaxarte nun pequeno e fermoso paseo no bosque das pinturas, non podes faltar a esta actividade apta para tod@s e todas as edades!!

Ao longo da xornada faremos varias visitas guiadas; Granxa de ovellas e Quesería de "O Rexo", centro de recuperación de asnos e terapia asistida con burros "Andrea", Ecoespazo e pinturas de Agustín Ibarrola no bosque de O Rexo ás beiras do río Arnoia, etc

Aproveitaremos para facer unha degustación de queixo elaborado con leite crú de ovella, participar nas labores de ordeño das ovellas e dar biberóns.
Desplazamentos en autobús con saída dende Vigo as 09:30 horas. (hai que presentarse dez minutos antes no lugar de reunión).
No transcurso da xornada haberá tempo para café, xantar, etc.
Recomendamos levar calzado e roupa axeitada según climatoloxía, tendo en conta que imos facer actividades en contacto con animais e paseos polo campo.
Xantaremos nun local axeitado o que cada un leve da casa, podendo deixar a comida no bus ata a hora do xantar.
Os menores de 40 anos, como en todas as actividades de Bidueiro, estades bonificados pola Asociación cun 50% de Dto. según acordos.

Máis inormación e inscricións na secretaría da Asociación, teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Inscricións dende o xoves 23 ata o xoves 30 de xaneiro.
Se ben as previsións climatolóxicas para o domingo día 2 de febreiro apuntan a que teremos un día soleado, no caso de que a climatoloxía non foxe axeitada para levar a cabo esta actividade, supenderíase avisando previamente a todas as persoas inscritas.
O domingo non podes faltar nesta interesante actividade na Reserva da Biosfera de Allariz.
Asociación sen ánimo de lucro e xestión altruista
Faite soci@. Ven gozar da natureza con Bidueiro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: