Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 2 de xaneiro de 2020

Obradoiro de masaxes en Bidueiro

Obradoiro de Masaxes 
Sábado 11 de enero
O obradoiro celebrarase en Vigo e comezará as 17:00 horas
É imprescindible a inscrición previa na Asociación
Nesta ocasión faremos un obradoiro práctico de costas (espalda), o cal consitiurá nunha introdución á masaxe cunha charla informativa e demostracións con voluntarios, pasando a continuación á parte máis participativa onde todos practicaremos as diferentes técnicas da masaxe.

Inscricións dende o xoves día 2 ata o xoves 9 de xaneiro, chamando á secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Os participantes tedes que levar; camiseta básica de cor branca ou negra, toalla de unha soa cor (de calquera cor) e se podedes unha esterilla, o resto dos elementos necesarios para o obradoiro serán facilitados por #bidueiro.
Para este obradoiro contamos coa colaboración da técnica Dolores Alonso, especialista neste tipo de obradoiros e unha gran experta en diferente modalidades de masaxes e técnicas de relaxación corporal.

O obradoiro está enfocado a calquera idade e non hai que ter coñecementos previos.

Todos os participantes obterán un Diploma por asistencia e coñecementos adquiridos.

Calquera tipo de dúbida podedes consultala na secretaría sen ningún tipo de compromiso, é o mellor para todos.
Xa sabedes, se queredes relaxar o corpo e aprender a facelo, tanto o teu como o dos demais, non faltes, inscribete xa!!

Ven gozar con biueiro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: