Concerto Electropop Robodríguez
Sábado 28 de decembro ás 21hA Cova dos Ratos
r/Romil, 3 -baixo - Vigo
"Robodríguez é un proxecto electropop de Felipe Rodríguez, baseado en crear cancións e atmósferas únicas con predominio de sintes e letras que camiñan na ambivalencia entre o pesimismo e a euforia, entre a distopía e o idealismo; cun marcado amor-odio pola sociedade. Con estética oitentera, un característico emprego do vocoder, filosofía faino-ti-mesmo e case sempre con toques de humor, as performance de Robodriguez son sempre únicas e irrepetibles, con sorpresas especiais para cada ocasión."
Campaña de crowfundig
O proxecto colaborativo "Vigo Industrial" ten aberta unha campaña de crowfundig a fin de recadar fondos para o mantemento da súa páxina web durante os próximos 3 anos, co obxecto de seguir cos traballos de catalagación e difusión das fichas sobre patrimonio industrial.
Nas seguintes ligazóns podedes acceder a web de "Vigo Industrial" e completar información sobre esta solicitude de axuda e facer calquera tipo de achega económica.
-----------------
Nota:
Estas novas foron facilitadas por socios e colaboradores da Asociación para a súa difusión a través da nosa web.