MAGOSTO SOCIAL
Domingo 17 de novembro
As 09:30 horas sairemos en vehículos particulares dende Vigo, para o cal é preciso presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión.
Podedes desplazarvos de forma individual ou compartir plazas e gastos dos vehículos.
Camiñada previa (opcional) CANCELADA por mal tempo.
Visita ao Centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia.
Paseo polo Parque Natural (opcional)
Para xantar podedes levar a vosa propia comida e bebida ou reservar o rico menú que ofrecemos na Asociación. Este menú ten duas opcións moi económicas, igual que a propia actividade. Informate sen compromiso na Asociación.
Se queres xantar o menú tes que indicalo no momento de inscribirte ao Magosto e solicitar unha das opcións dispoñibles.
En calquera caso, hai que levar da casa os cubertos para xantar e se queredes tamén podedes levar algún postre para compartir.
Ábrese a lista de inscricións o xoves 7 e péchase o xoves 14.
En caso de mal tempo cancelariase a camiñada e manteriase o xantar e magosto.
Ímolo pasar moi ben, ven a compartir alegría e amizade!!
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 horas.
Bidueiro, sitio distinto!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: