Xantar de Nadal 2019
Xantar de confraternidade que celebraremos nun restaurante de Combarro (Poio).
A lista de inscricións estará aberta dende o xoves 5 ata completar aforo dispoñible no restaurante, polo que é moi importante que vos anotedes axiña, a poder ser antes do mércores 11 para asegurar praza.
Tamén podedes participar no "amigo invisible" que faremos este día. Os agasallos serán anónimos, unisex e a un prezo simbólico.
Coma sempre, inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Entregaranse a todos os participantes un fermoso calendario de sobremesa coas mellores imaxes de Bidueiro no 2019.