Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 1 de agosto de 2019

Castrexos e Romanos "Castro de Armea" - Santa Mariña de Augas Santas

Proxecto 
"Castrexos e Romanos"
II
Castro de Armea
Igrexa de Sta. Mariña
Basílica da Asunción
Cripta "O Fonro da Santa "
Conxunto Histórico Artístico de Sta. Mariña de Augas Santas
X Festival Internacional Xardíns de Allariz (Xardíns de Cine)
Xantar na praia fluvial de Allariz
Allariz
(Actividade sociocultural)
Domingo 15 de setembro
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Sairemos 09:00 h. en autobús dende o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes da hora de saída)
Desplarémonos ata o concello de Allariz (Ourense)
En Santa María de Augas Santas faremos unha completa visita guiada á contorna e coñeceremos de primeira man a historia e arquitectura do Castro de Armea, a Igrexa de Santa Maríña e a Basílica da Asunción coa súa cripta ou "Forno da Santa".
O percorrido por estes tres referentes históricos levaranos tres horas, durante as cales teremos que desplazarnos paseando entre cada un deles facendo un fermoso e doado camiño interpretativo.
Estaremos no emblemático Castro de Armea (Cibdá de Armea), coñecendo a súa historia e evolución das diferentes campañas de escavación que se están realizando no mesmo.
 A Igrexa de Santa Mariña, o Sepulcro da Santa, a Capela de Santo Tomé e o Pozo da Santa serán outras das visitas que faremos dentro do Conxunto Histórico Artístico de Sta. Mariña de Augas Santas.
Coñeceremos a lenda "O Martírio de Mariña" a cal nos fará comprender mellor a orixe deste conxunto arquitectónico.
Pero no noso percorrido por Santa Mariña non podía faltar a Basílica da Asunción coa cripta ou "Forno da Santa", lugar de inspiración para múltiples lendas.
Na contorna de Santa Maríña os camiños son de conto, antigas calzadas romanas que nos guiarán dun lugar a outro dentro deste triángulo máxico da historia de Allariz.
Se o tempo acompaña xantaremos na praia fluvial de Allariz (tedes que traer a comida da casa). Na contorna temos bar por si queredes mercar bebidas. Podedes levar bañador e toalla para darvos un baño.
En caso de estar mal tempo para xantar na praia fluvial, disparemos de outro lugar axeitado para facelo comodamente sentados.

Pola tarde faremos unha visita ao X Festival Internacional Xardíns de Allariz, edición "Xardíns de Cine"

Unha actividade moi interesante que nos ocupará toda a xornada.
Podedes levar algo para picar a media mañá, hai que reter unha chea de historia e coñecemento.
Recomendamos levar calzado cómodo xa que faremos pequenos percorridos por camiños ou calzadas romanas entre cada unha das visitas.
Se tedes algunha dúbida sobre esta actividade ou sobre inscricións poñedevos en contacto ca secretaría en horario de 19:30 a 21:30 h.
Esta é unha actividade moi completa á que non deberíades faltar.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h., dende o xoves 5 ata o xoves 12. 
Os menores de 40 teñen un Dto. do 50% sobre o coste dos desprazamentos en autobús.
Chegaremos a Vigo a última hora da tarde.
Se todavía non eres soci@ e queres facer amigos cos que compartir experiencias, xa sabes onde atoparnos, e que saibas que no segundo semestre do ano as cotas sociais son de soamente 15 € (xa incluido o coste de seguros de R.C. e Accidentes). Máis información aquí.
Colabora na difusión da cultura e conservación do medio ambiente. Ven gozar con bidueiro!!
#castrexoseromanos #armea #santamariñadeaugassantas #fornodasanta 
Lembrade que podedes consultar o "calendario anual de actividades" na pestana "Programa Anual", situada no menú principal desta web ou premendo aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: