En kayak con Bidueiro
Saída en vehículos particulares dende Vigo ás 10:00 horas (hai que presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión).
Hai que levar bañador e recomendable chanclas cerradas.
Desde a praia de Eiras no concello de Tomiño descenderemos polo río Miño ata a desembocadura do río Tamuxe...
... e remontaremos as tranquilas augas do río Tamuxe ata o fermoso muiño das Aceñas.
Importante: Esta é unha activiade para principiantes e non é preciso ter coñecementos previos. Hai que seguir as indicacións dos monitores.
Recibiremos indicacións previas sobre o manexo dos kayaks, remos, etc.
Actividade guiada e supervisada en todo momento por monitores especializados.
Os kayaks que utilizaremos serán de duas prazas polo que navegaremos por parellas.
Hai que levar posto o chaleco salvavidas que se entregará a cada un dos participantes ao comenzo da actividade. Igualmente, haberá traxes de neopreno para todos e será opcional a súa utilización.
Hai que levar roupa e calzado de reposto para cambiarse ao finalizar, e tamén unha toalla.
Despois de rematada a travesía náutica en kayak, desplazarémonos ata a praia de Eiras para recoller os coches e dende alí iremos a xantar a unha praia fluvial da contorna. Pola tarde relax e gozar do praia no río Miño.
Hai que levar a comida da casa e quedará nos coches ata a hora do xantar. No compartimento estanco do kayak podedes levar algo para picar a media mañá, sempre que sexan cousas que non avulten moito.
Inscricións na secretaría Tel. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h. desde o xoves 11 ata o xoves 18 de xullo.
Se queres acompañarnos pero calquera motivo non podes navegar nos kayaks, haberá un grupo de compañeiros que farán unha curta camiñada polas beiras do Miño e Tamaxe, para logo xantar todos xuntos.
Ven a gozar con #bidueiro desta refrescante actividade e última antes das vacións de Agosto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: