"El manuscrito de Ribadavia" trátase dunha novela histórica que narra, a través das vivencias de varias xeracións dunha familia de xudeoconversos de Ribadavia, diferentes etapas do desenvolvemento da comarca do Ribeiro, que nos axudan a comprender a relevancia histórica deste territorio desde finais da Idade Media e durante a Idade Moderna. Cenlle, Francelos, San Clodio, Lebosende ou Cuñas son escenarios desta historia cuxo epicentro é Ribadavia, pero que se estende tamén a lugares remotos como Londres ou Guatemala.
Fonte: Museo Etnolóxico
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: