Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

mércores, 22 de maio de 2019

Ruta da Auga e do Mar de Redondela

Ruta da Auga e do Mar de Redondela
+
Noite de Furancho
 Redondela

Sábado 1 de xuño
Actividade que dará comenzo as 15:30 horas cunha doada camiñada pola "Ruta da Auga e do Mar de Redondela" cun percorrido aproximado de 15 km.
Nesta ocasión os desplazamentos serán en vehículos particulares e o lugar de concentración non será o habitual. Consultade esta circunstancia ao inscribirvos.
Camiñada de dificultade media-baixa na que teremos fermosas vistas da ría de Vigo, en especial desde o mirador do "mellor banco do mundo", pero tamén da illa de San Simón e da ensenada de Rande, achegándonos ata a beira do mar, coñecendo a historia  e patrimonio industrial da vila dos acuedutos e visitando a fervenza da feixa.
Rematada a camiñada a última hora da tarde, aproveitaremos a ocasión para cear xuntos nun fermosísimo furancho da contorna.
Abrese a lista de inscricións o xoves 23 de maio e remata o xoves 30 de xuño.
Inscricións na secretaría da Asociación Tel. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
 Calquera tipo de dúbida podedes aclarala sen compromiso.


Se ben a primeira hora hora da tarde podemos ter temperaturas máis elevadas, para cear e recomendable que levedes roupa de reposto para cambiarvos e tamén algunha prenda de abrigo.
Ven gozar con biduero!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: