Roteiro do río Vez
Domingo 30 de Xuño de 2019
Camiñada polas beiras do río Vez
Arcos de Valdevez (Portugal)
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Dificultade Media-Baixa
Desprazamento en autobús con saída ás 08:30 horas desde Vigo (temos que presentarnos 10 minutos antes)
Ábrese a lista de inscricións o xoves 20 e péchase o xoves 27 de xuño
Arcos de Valdevez (Portugal)
Preme aquí e verás fotografías da actividade
O percorrido será de aproximadamente 18 km. sen desniveis.
Hai posibilidade de facer un tramo un pouco máis corto da ruta previa solicitude ao inscribirvos, loxicamente tendo que adaptarse aos horarios do grupo máis numeroso de participantes.Desprazamento en autobús con saída ás 08:30 horas desde Vigo (temos que presentarnos 10 minutos antes)
Se ben a camiñada é de dificultade media-baixa e realizarase ao longo de todo o día, para participar hai que estar afeitos a camiñar distancias semellantes por carreiros e camiños empedrados. Igualmente, é preciso non ter impedimento físico ou recomendación médica previa que desaconselle a realización de este tipo de camiñadas.
Hai que levar na mochila a comida para o xantar e algo de fruta ou o que desexedes para media mañá.
No caso de poder deixar no autobús a comida para o xantar informarase o propio día.
Refrescante roteiro para unha xornada por terras lusas. Podedes levar o bañador e toalla e se vamos ben de tempo poderedes darvos un baño no río Vez.
Esta é unha saída en grupo organizada de forma altruista por #bidueiro, onde hai que colaborar e respetar as indicacións da Asociación, aportando o mellor de cada un para conquerir a integración e o disfrute de tod@s.
Recomendamos deixar no autobús calzado e roupa de reposto para cambiarvos ao finalizar a camiñada.Ábrese a lista de inscricións o xoves 20 e péchase o xoves 27 de xuño
Inscricións chamando á secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
O prezo da actividade é de 16€, onde xa están incluidos os desprazamentos desde Vigo e os seguros de R.C. e Acc. que facilita Bidueiro.
Sobre o prezo da actividade aplicarase un (*)desconto do 50% a socios menores de 40 anos. Os mozos menores de 14 anos terán que participar acompañados de algún dos pais ou tutor.
(*)Desconto de axuda á mocidade.
Calquera tipo de dúbida consultadea sen compromiso, é o mellor para todos.
Colabora e comparte as novas da Asociación.
Lembrade que podedes consultar o calendario anual de actividades na pestana "Programa Anual", situada no menú principal desta web.

Tamén podes seguir as novas de bidueiro nas redes socias premendo nas seguintes ligazóns:
FACEBOOK INSTRAGRAM TWITTER
YOUTUBE VIMEO