Val do río Xesta
Domingo 24 de marzo de 2019
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Ola a amig@s, aquí temos unha nova proposta de camiñada ambiental e cultural para coñecer, divulgar e protexer.
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Saída en autobús ás 09:30 horas desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse dez minutos antes da hora de saida)
Camiñada de dificultade baixa con unha distancia aproximada de 10 Km.
Nunha contorna natural onde coñeceremos e gozaremos de lugares como ...
Aldea de Porto Martiño, Carballeira dos Prados, Carballeira de Xesta, Liñares, etc.
Visitaremos a fermosa e espectacular fervenza de A Freixa
Cruzaremos pontes medievais e camiñaremos polas beiras do río Xesta.
Hai que levar a comida e bebida na mochila.
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa de abrigo ou chuvasqueiros según previsiones climatolóxicas.
Recomendase deixar no autobús calzado e roupa de reposto por se fora preciso cambiarse ao finalizar a ruta.
Esta ruta atopase na vertente norte da Serra do Suido, concretamente dentro do condello de A Lama
Se queres gozar desta xornada soamente debes inscribirte na secretaría Tfno. 686-986-784 desde o xoves 14 ata o xoves 21 de marzo.
Consultade calquera tipo de dúbida ao inscribirvos, é o mellor para todos.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: