Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 21 de marzo de 2019

Muiños dos ríos Armenteira e Chanca

Muiños dos ríos Armenteira e da Chanca
Nova data
Domingo 14 de abril de 2019
Ruta da Pedra e da Auga + Ruta dos Muiños da Chanca
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Debito ás malas condicións climatolóxicas previstas para o domingo 7 de abril, esta actividade tívose que suspender e a nova data da actividade é o domingo 14 de abril. 
Ruta de dificultade Media-Baixa con aproximadamente 15 km. de distancia. 
Saída ás 09:00 horas en autobús desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes da saída).
Imprescindible inscrición chamando a secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas. O último día para inscribirse será o xoves 11 de abril.
A nosa camiñada será pola Ruta da Pedra e da Auga máis a Ruta dos Muiños do río Chanca, completando así os aproximadamente 15 km. de percorrido. Nesta actividade existe a posibilidade de que un grupo reducido de persoas poidan facer soamente un tramo máis corto e doado da ruta (previa solicitude no momento da inscrición)
Un gran número de fermosos muiños será a nota predominante ao longo de todo o camiño
Hai que levar roupa según climatoloxía e calzado axeitado para camiñar polo monte. 
Recomendase levar roupa e calzado de reposto para deixar no bus e podor así cambiarse ao rematar a ruta, en especial o calzado.
Aproveitaremos para facer unha visita guiada ao claustro e igrexa do Mosteiro de Armenteira.
Consultade sen compromiso calquera tipo de dúbida, e o mellor para todos.
Ven gozar con bidueiro!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: